Archive for: 󈥹 Novembro, 2018’

Torneio de Abertura de Pista – Lousada (Porto) 2018

25 Novembro, 2018 Posted by javier

O 2 de decembro hai competición de pista en Maia Lousada (Distrito de Porto, Portugal). Será a partir das 9:30h 10h (horario portugués).  NOTA: nesta proba xa se aplican as categorías correspondentes a 1/1/19, polo que son iguais que as actuais españolas (a IAAF cambia as categorías o 1 de xaneiro).  

(máis…)

45º Memorial Pepe Cordeiro – Cangas 2018

25 Novembro, 2018 Posted by javier

O domingo 2 de decembro de 2018 dispútase en Cangas o XLV Trofeo de Pedestrismo Memorial Pepe Cordeiro. Para categorías inferiores desde sub10 e absoluta para maiores (10km). Máis información:

(2-decembro) Boa actuación dos participantes do club en categorías menores: Gabriela (1ª), Dewisa, Fernando, Alexandra, Jorge e Paula. Na absoluta estiveron Nanda (3ª) e Marcos. Parabéns para eles!

 

(máis…)

Resultados 24-25 novembro 2018

25 Novembro, 2018 Posted by javier

Este fin de semana houbo competicións en Viana do Castelo (non fomos polo mal tempo) e Comesaña-Vigo (Cros Belarmino) pero os nosos atletas tamén visitaron lugares máis afastados como Lugo (Cros Ponte Romana). No Belarmino o club obtivo un magnífico resultado con podios en moitas categorías. Parabéns para todos os que competiron en Sub18 (2º posto por equipos), Sub16 (Sergio 2º), Sub14 (Irene 4ª), Sub12 (Isis 4ª individual e 1º posto dos equipos masculino e feminino), e en Lugo Gabriela 2ª en Sub10. 

Aí vai o resumo de resultados: