Archive for: ‘Novembro 2018’

42ª Carreira Pedestre Popular do San Martiño – Ourense 2018

20 Novembro, 2018 Posted by javier

O domingo 18 de novembro Ourense celebróu o San Martiño facendo deporte na 42ª Carreira Pedestre Popular, que xa está consolidada coma unha das probas máis importantes da nosa comunidade. Nesta ocasión xuntáronse máis de 8000 atletas entre categorías absoluta (10km), escolar (4,7km), cativos e inclusiva (1,4km). Nesta carreira participaron varios atletas do club, como Juan Antonio e Juan Manuel, Antón, Jesús Couto… parabéns para eles! Máis información e resultados:

 

 

(máis…)

V Invasión Celeste Fe Seguros – Vigo 2018

15 Novembro, 2018 Posted by javier

O vindeiro 8 de decembro as rúas de Vigo acollerán a demostración dun novo modelo de mobilidade urbana que non usa combustibles fósiles, con tracción integral e tapicería monocolor… celeste. Será a V Invasión organizada pola Fundación Celta en colaboración con La Fe Seguros. Inscricións ata o 2 de decembro. NOTA: esta carreira ten custo para os participantes: 2 euros (<2011), 5 euros (2004-11) e 8-12 euros (maiores). Máis información:

 

IV Trofeo Solidario de Nadal Celta Atletismo – Vigo 2018

15 Novembro, 2018 Posted by javier

O 15 de decembro o Celta de Atletismo organiza o 4º Trofeo Solidario de Nadal en Balaídos. De momento non hai máis información, en canto teñamos categorías, distancias e horarios a iremos engadindo. Como en edicións anteriores a inscrición será gratuita pero pódese doar un xoguete novo ou alimentos non perecedoiros o día da carreira.

 

XX Cros Escolar do Val Miñor en Baiona 2018

15 Novembro, 2018 Posted by javier

O domingo 16 de decembro temos o 20º Cros Escolar do Val Miñor en Sabarís (Baiona). Será a partir das 10:30h, coma sempre no circuíto do antigo campo de fútbol de Ladeira. As inscricións dos nosos atletas xa as tramita o club a través de XOGADE. Coma outros anos tamén poden inscribirse os centros educativos, ou individualmente no Servizo de Deportes do Concello de Baiona (tel: 986356558, deportes@baiona.org). O prazo permanecerá aberto ata o 12 de decembro. Máis información:

(máis…)

VII Liga de Inverno Categorías Menores Abanca 2018

15 Novembro, 2018 Posted by javier

No mes de decembro dispútase a VII Liga de Inverno Abanca para Categorías Menores (Sub10-12-14) con dúas fases, unha provincial con competicións en Pontevedra (1 decembro), A Coruña (1 decembro) e Lugo-Ourense (15 decembro) e unha fase final autonómica o 22 de decembro en Ourense. Nesta páxina poñeremos o resumo de información e resultados de todas as fases. Máis información:

 

40º Memorial Belarmino Alonso 2018

12 Novembro, 2018 Posted by javier

O 25 de novembro celébrase o 40º Memorial Belarmino Alonso no circuíto de San Andrés de Comesaña (Vigo). Este Cros servirá como Fase Zonal do programa Xogade e esta edición non forma parte do calendario oficial da federación. As inscricións poderán efectuarse ata o xoves 22 de novembro ás 20h mediante correo electrónico a comesana@comesana.org ou na web laptime.es. Máis información:

Resumo resultados 11 novembro 2018

11 Novembro, 2018 Posted by javier

Este fin de semana do 11 de novembro houbo cita múltiple: XV Cross de Atapuerca, Vigo+11 e como sorpresa un atleta do club animóuse a participar na 54ª Edición da Behobia-San Sebastián. Aí van os enlaces ós diferentes resultados:

Resultados Atapuerca 2018

11 Novembro, 2018 Posted by javier

Aquí iremos poñendo os resultados oficiais, álbumes de fotos, noticias… mentres podedes seguir a retransmisión en directo (ou velo máis tarde):

(máis…)

Viaxe Atapuerca 2018

10 Novembro, 2018 Posted by javier

A nosa cita anual con Atapuerca comeza como sempre no aparcamento do Pavillón de Gondomar, donde tras os últimos preparativos e despedidas arranca o bus que nos levará ata o albergue. Nesta ocasión a choiva foi unha insistente compañeira durante boa parte de viaxe. Esperemos que o domingo pola mañá deixe unhas horas de tregua, porque xa sabemos que pola tarde nos estará esperando para acompañarnos de volta á “terra dos mil ríos”. 

Chegamos a Burgos sen novidade, cea e a descansar que mañá toca revisar o circuíto, adestrar e tamén algo de turismo. Este ano iremos a visitar Mina Esperanza, unha antiga mina de ferro en Olmos de Atapuerca que conta cun curioso museo subterráneo de minerais. (máis…)

XV Cros Internacional de Atapuerca – Burgos 2018

5 Novembro, 2018 Posted by javier

O domingo 11 de novembro de 2018 celébrase o XV Cross Internacional de Atapuerca no circuíto permanente do Centro de Arqueoloxía Experimental (CAREX). Próximamente engadiremos máis información. Mentres podedes botarlle un ollo ó vídeo promocional, que como sempre é moi chulo!

NOTA (22/10/18): Xa estamos organizando a viaxe. Pregamos que os interesados o comuniquen o antes posible (dentro desta semana). Grazas!

AVISO (26/10/18): Esgotadas as prazas para Atapuerca. Xa estamos anotando os corredores, revisade as listas para ver se hai erros (enlaces a continuación).

(5/11/18): Convocada unha reunión o martes 6 de novembro ás 18:15h para tratar os detalles da viaxe. Pregamos asistencia dos interesados. Publicado o listado provisional de inscritos, o prazo de reclamacións remata o martes 6 ás 24h.

(7/11/18): IMPORTANTE: Non esquezades cubrir a autorización para os menores que non vaian acompañados polos seus pais ou titores legais.

(8/11/18) Últimos avisos: A saída será ás 16:00h desde o aparcamento do Pavillón de Gondomar. Os prezos da viaxe son 20€ os nenos e 70€ os adultos. O pagamento será o mesmo día da saída. As comidas serán no único bar do lugar de hospedaxe, e por cada comida ou cea aboaránse 6,5€/persoa. Tamén haberá unha visita a Mina Esperanza (en Olmos de Atapuerca) que custa 6€. Non esquezades levar roupa de abrigo, toallas e para o almorzo taza e galletas ou cereais (o club leva leite e cacao para todos). Pregamos puntualidade. Grazas!

 

(máis…)