Archive for: 󈥼 Outubro, 2018’

XXIII Cros Escolar AD Castro – San Miguel 2018

28 Outubro, 2018 Posted by javier

O 28 de outubro teremos no Parque de Castrelos de Vigo unha nova edición do Cros Escolar da Agrupación Deportiva Castro – San Miguel. Será a partir das 10h e poderán competir as categorías Sub16 e inferiores. Tamén haberá categorías de pais/nais de nen@s participantes. Inscricións ata o 23 de outubro en Carreiras Galegas.

(28-out) Numerosa representación e magníficos resultados dos nosos atletas con podios en moitas categorías. Parabéns para Gabriel (1º), Sergio (3º), Óscar e Abel en Sub16-m, Jorge, Isaac e Samuel en Sub14-m, Sira, Paula, Nuria, Mya, Irene e Minna en Sub14-f, Xesús, Xoán e Fernando en Sub12-m, Uxía, Isis, Noa, Dewisa e Allegra en Sub12-f, Bisrat, Pablo González, Alexandre, Lois, Iván, Adrían e Pablo Estévez en Sub10-m, Alexandra (3ª), Julia (4ª), Ruth, Eire e Uxía en Sub10-f, Xaime (4º) en Sub8-m, Gabriela (1ª) e Lucía (4ª) en Prebenxamíns e Unai en Olímpicos, sen esquecer a Francisco Javier na carreira de pais. Parabéns para todos eles!

(máis…)

VI Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple – Vigo 2018

28 Outubro, 2018 Posted by javier

O domingo 28 de outubro de 2018 celebróuse a VI Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple, organizada pola Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO). Varios atletas do noso club animáronse a participar: Nanda, Marcos e Juan en 10km, Álex, Elena e Juan Manuel en 5km. Ben por eles!

Máis información e resultados:

 

(máis…)