Archive for: 󈥹 Outubro, 2018’

Consentimento legal RFEA 2018

25 Outubro, 2018 Posted by javier

Este ano a RFEA (Federación Española de atletismo) pide a tódolos atletas que vaian estar federados que cubran un Consentimento legal de tratamento de datos persoais. Faise na propia páxina da Federación mediante o enlace que tedes a continuación. No caso de menores de 14 anos hai que poñer os datos do representante legal (pai/nai/titor). É importante que marquedes as casiñas de aceptación de tratamento para que se poida tramitar a licenza.

Outra novidade é que esta tempada vai durar 14 meses, do 1/11/2018 ata o 31/12/2019. A partir de agora as tempadas serán por anos naturais, para igualarnos coa normativa internacional. Así tamén é máis sinxelo saber en qué categoría está un atleta, por exemplo @s nacid@s no ano 2000 son Sub20 porque cumplen 19 anos en 2019 (<20 anos).