Archive for: ‘Outubro 2018’

Deica logo, Elena

30 Outubro, 2018 Posted by javier

Para os que non o saibades Elena Costas remata etapa no noso club para iniciar unha nova no Celta Atletismo. Pero non lle dicimos adeus senón deica logo, porque sabemos que non vai moi lonxe e estaremos con ela en adestramentos, competicións ou onde o destino nos xunte de novo. Grazas de parte da directiva, adestradores e de todo o club polo teu compromiso e exemplo para os compañeir@s durante estes anos e desexámoste todos os éxitos do mundo nesta nova andaina deportiva e persoal.

Boa sorte,

Os teus compañeiros da S. A. Valmiñor

 

Queremos extender este recoñecemento a tódolos atletas que deixaron o club ó longo dos anos pero seguen levando un anaco con eles

XXIII Cros Escolar AD Castro – San Miguel 2018

28 Outubro, 2018 Posted by javier

O 28 de outubro teremos no Parque de Castrelos de Vigo unha nova edición do Cros Escolar da Agrupación Deportiva Castro – San Miguel. Será a partir das 10h e poderán competir as categorías Sub16 e inferiores. Tamén haberá categorías de pais/nais de nen@s participantes. Inscricións ata o 23 de outubro en Carreiras Galegas.

(28-out) Numerosa representación e magníficos resultados dos nosos atletas con podios en moitas categorías. Parabéns para Gabriel (1º), Sergio (3º), Óscar e Abel en Sub16-m, Jorge, Isaac e Samuel en Sub14-m, Sira, Paula, Nuria, Mya, Irene e Minna en Sub14-f, Xesús, Xoán e Fernando en Sub12-m, Uxía, Isis, Noa, Dewisa e Allegra en Sub12-f, Bisrat, Pablo González, Alexandre, Lois, Iván, Adrían e Pablo Estévez en Sub10-m, Alexandra (3ª), Julia (4ª), Ruth, Eire e Uxía en Sub10-f, Xaime (4º) en Sub8-m, Gabriela (1ª) e Lucía (4ª) en Prebenxamíns e Unai en Olímpicos, sen esquecer a Francisco Javier na carreira de pais. Parabéns para todos eles!

(máis…)

VI Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple – Vigo 2018

28 Outubro, 2018 Posted by javier

O domingo 28 de outubro de 2018 celebróuse a VI Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple, organizada pola Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple de Pontevedra (AVEMPO). Varios atletas do noso club animáronse a participar: Nanda, Marcos e Juan en 10km, Álex, Elena e Juan Manuel en 5km. Ben por eles!

Máis información e resultados:

 

(máis…)

Consentimento legal RFEA 2018

25 Outubro, 2018 Posted by javier

Este ano a RFEA (Federación Española de atletismo) pide a tódolos atletas que vaian estar federados que cubran un Consentimento legal de tratamento de datos persoais. Faise na propia páxina da Federación mediante o enlace que tedes a continuación. No caso de menores de 14 anos hai que poñer os datos do representante legal (pai/nai/titor). É importante que marquedes as casiñas de aceptación de tratamento para que se poida tramitar a licenza.

Outra novidade é que esta tempada vai durar 14 meses, do 1/11/2018 ata o 31/12/2019. A partir de agora as tempadas serán por anos naturais, para igualarnos coa normativa internacional. Así tamén é máis sinxelo saber en qué categoría está un atleta, por exemplo @s nacid@s no ano 2000 son Sub20 porque cumplen 19 anos en 2019 (<20 anos).

VIII Memorial Manuel Bergueiro – A Estrada 2018

14 Outubro, 2018 Posted by javier

O domingo 14 de outubro celebróuse en A Estrada o 8º Memorial Manuel Bergueiro.Nesta carreira participóu a atleta do club Gabriela Bouzada Senra, quedando primeira na súa categoría. Parabéns!

Máis información e resultados (non aparecen os prebenxamíns):

 

 

 

(máis…)

VI Carreira Vigo Contra el Cáncer 2018

12 Outubro, 2018 Posted by javier

O vindeiro domingo 21 de outubro celébrase en Vigo a 6ª Edición da Carreira “Vigo Contra el Cáncer”, este ano está centrada nun proxecto de investigación europeo sobre a detección precoz do cancro de mama. Podedes participar nunha rota de 5km sen crono, unha carreira de 10km ou colaborar económicamente no “dorsal 0”. Máis información e inscricións (ata o 17 de outubro):

 

“El hombre que todo lo sabe”… é o noso adestrador!

10 Outubro, 2018 Posted by javier

A revista Runner’s World España do mes de outubro publica un artigo sobre @gabiandersengz, usuario de Twitter ó que califica como un dos maiores expertos en atletismo de España ou “El hombre que todo lo sabe”. Detrás do seudónimo agóchase (sorpresa!… ou non tanta?) Óscar Fernández Villar, que non é outro que o noso adestrador. Aquí tedes o enlace para desfrutar do artigo (e moitos outros):

 

 

 

Ficha socios 2018

10 Outubro, 2018 Posted by javier

Axuntamos a continuación a ficha de datos de socios para a tempada actual 2018-19. Pregamos cubrir correctamente todos os datos e indicar os atletas que estarán federados. Grazas a todos!

 

Inscrición socios 2018

9 Outubro, 2018 Posted by javier

Axuntamos a continuación a ficha de datos de socios para a tempada actual 2018-19. Pregamos cubrir correctamente todos os datos e indicar os atletas que estarán federados. Grazas a todos!

NOTA: Este ano como novidade hai que cubrir un consentimento legal de tratamento de datos persoais para a RFEA. Faise na propia páxina da Federación mediante o enlace que tedes a continuación. No caso de menores de 14 anos hai que poñer os datos do representante legal (pai/nai/titor). É importante que marquedes as casiñas de aceptación de tratamento para que se poida tramitar a licenza.

Outra novidade é que esta tempada vai durar 14 meses, do 1/11/2018 ata o 31/12/2019. A partir de agora as tempadas serán por anos naturais, para igualarnos coa normativa internacional. Así tamén é máis sinxelo saber en qué categoría está un atleta, por exemplo @s nacid@s no ano 2000 son Sub20 porque cumplen 19 anos en 2019 (<20 anos).

Ficha de socios tempada 2018-19

Consentimento legal RFEA

(máis…)

15K Do Atlántico – Banco Mediolanum 2018

7 Outubro, 2018 Posted by javier

O domingo 7 de outubro fíxose a 5ª edición dos 15km do Atlántico-Banco MedioLanum entre as localidades de Oia e A Guarda. A partir das 11h. Máis información e resultados:

Nesta competición participaron @s atletas do club Fernanda Martín, José Manuel Rodríguez e Víctor Mariño, que acadaron os postos 1º, 99º e 105º das súas respectivas categorías. Parabéns para eles!

(máis…)