Archive for: ‘Setembro 2018’

XXIII Cros Escolar AD Castro – San Miguel 2018

28 Setembro, 2018 Posted by javier

O 28 de outubro teremos no Parque de Castrelos de Vigo unha nova edición do Cros Escolar da Agrupación Deportiva Castro – San Miguel. Será a partir das 10h e poderán competir as categorías Sub16 e inferiores. Tamén haberá categorías de pais/nais de nen@s participantes. Inscricións ata o 23 de outubro en Carreiras Galegas. Máis información:

 

Convocatoria Asemblea Socios 2018

25 Setembro, 2018 Posted by javier

O Presidente da Sociedade Atlética Val Miñor, D. José Ángel Gónzalez Rocha, en virtude das atribucións que le confiren os Estatutos da mencionada Entidade Deportiva, convoca a tódolos socios de número da Sociedade Atlética Val Miñor, a Asamblea Xeral Ordinaria que se celebrará o próximo venres día 05 de Outubro de 2018, as18:00 h. en primeira convocatoria e as18:30h. en segunda e última convocatoria, no Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar para tratar o seguinte orde do día:

  1. Saúdo do Presidente.
  2. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
  3. Presentación das contas e aprobación do presuposto temporada 2018/2019.
  4. Nova cota para os socios.
  5. Eleccións nova directiva.
  6. Equipación deportiva
  7. Rogos e preguntas.

Dada a importancia dos puntos a tratar, esperamos contar coa presencia de todos vós.

Moitas grazas e un saúdo,

 

A Xunta Directiva da Sociedade Atlética Val Miñor

 

CONVOCATORIA ASAMBLEA 2018

Axenda Competicións outono 2018

19 Setembro, 2018 Posted by javier

Estas son as competicións previstas para os últimos meses de 2018:

Competicións setembro 2018

19 Setembro, 2018 Posted by javier

XV CARREIRA PEDESTRE CONCELLO DE MOAÑA

O 22 de setembro celébrase en Moaña a XV Carreira Pedestre, organizada polo Concello de Moaña e o Club Atletismo Samertolameu e co patrocinio da Deputación de Pontevedra. A carreira popular ten o lema “Un atleta unha árbore”, e por cada atleta inscrito prantaráse unha árbore autóctona nos montes de Moaña.  Máis información, inscricións (ata o 19 de setembro)  e resultados a continuación. 

(23-setembro) Nesta carreira participaron os atletas do club Fernando, Dewisa e Alexandra Álvarez Pacheco, Gabriel Canedo (2º en cadetes), Gabriela Bouzada (1ª en prebenxamíns), Guadix Rogel, Juan Manuel González, Elena Costas (3ª en 5km) e Nanda Martín (única representante en 10km). Parabéns para todos!

(máis…)

59ª Milla Urbana Nocturna A Pobra 2018

16 Setembro, 2018 Posted by javier

 O venres 14 de setembro celebróuse en A Pobra do Caramiñal (A Coruña) a 59ª (nada menos!) edición da Milla Urbana Nocturna, con diferentes recorridos para todas as categorías, desde chupetes a veteráns. Nela competiron as atletas do club Elena e Nanda, quedando en primeira e terceira posición na absoluta. Parabéns para elas!

Máis información:

 

(máis…)

Fin de semana en Muíños 2018

8 Setembro, 2018 Posted by javier

Este fin de semana do 7 ao 9 de setembro de 2018 estamos de campamento no Albergue do Corgo en Muíños (Ourense). Saímos o venres pola tarde e chegamos ó albergue pouco antes das 7. Logo cea e a durmir para erguerse cedo …

(máis…)