Archive for: 󈥬 Agosto, 2018’

Resultados Nigrán Area 2018

12 Agosto, 2018 Posted by javier

O sábado 11 de agosto Praia América enchéuse de verde-miñor coa oitava edición da Nigrán Area, na que se deron cita uns 450 atletas. O tempo acompañóu, malia que á hora da carreira absoluta o sol xa empezaba a pegar forte. As probas deron comenzo ás 10 da mañá coa categoría Sub16 na que Gabriel Canedo fíxose coa victoria, seguido por Martín Vidal. En Sub14 a victoria foi para Carolina Santos Villalón e Rodrigo Salamanca, cunha boa representación do club nos primeiros postos: Sira Martínez (2ª), Paula Álvarez (3ª), Jesús González (4º), Lucas Docampo, Jorge Calero…). En Sub12 Uxía Vidal e Xesús Martínez acadaron o 1º e 2º posto das súas categorías, e en Sub10 Sergio Gil e Alexandra Álvarez Pacheco quedaron en 2º posto. 
Na carreira absoluta a victoria foi para Iván Docampo e Leticia Fernández, con Elena Costas nun magnífico 2º posto feminino e primeira clasificada do club xunto con José Manuel Rodríguez.

Parabéns a tódolos atletas polo seu esforzo e participación, sen esquecer ós voluntarios e colaboradores que fixeron posible a organización deste evento que xa está consolidado como un dos máis importantes do calendario deportivo do Val Miñor.

A continuación vai un resumo de información con resultados, noticias de prensa e algunhas fotos:

FOTOS

(máis…)