Archive for: ‘Xullo 2018’

VIII Nigrán Area 2018

15 Xullo, 2018 Posted by javier

A Sociedade Atlética Val Miñor e o Concello de Nigrán organizan o sábado 11 de agosto do 2018 a VIII Edición da Carreira Nigrán Area que dará comezo as 10:00h. Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas. O control da carreira estará a cargo dos Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
 
HORARIOS E CATEGORÍAS:
10:00 Sub16 2003-4 2000m
10:15 Sub14 2005-6 1500m
10:30 Sub12 2007-8 1000m
10:40 Sub10 2009-10 500m
10:45 Prebenx 2011-12 300m
10:50 Pitufos 2013-14 100m
11:00 Absoluta 2002 e ant. 6000m
12:00 Entrega de premios
Na carreira absoluta haberá as seguintes categorías:
Sub18 (2001-2)
Sub20 (1999-2000)
Sub23-Senior (1998 ata 35 anos)
Máster A (35 a 44 anos)
Máster B (45 a 54 anos)
Máster C de (55 anos e maiores)
 

(máis…)

39º Gran Premio Cidade de Vigo

7 Xullo, 2018 Posted by javier

A Agrupación Viguesa de Atletismo (AVA) en colaboración co Concello de Vigo organiza o domingo 8 de xullo o XXXIX Gran Premio Cidade de Vigo de Atletismo en Pista, a celebrar en xornada de tarde. Polo noso club asistirán vari@s atlet@s. Boa sorte a tod@s! Máis información e resultados:

 

XVII Campeonato de España Sub16 – Castellón 2018

1 Xullo, 2018 Posted by javier

 O fin de semana do 30 de xuño celébrase en Castellón (Comunidade Valenciana) o XVII Campeonato de España Individual Sub16. Polo noso club competirá Gabriel Canedo en 1000m. Boa sorte!

(30 xuño) Gabriel pasa á final no 5º posto con mellor marca persoal. Parabéns para él!

(1 xullo) final 1000m ás 19:40. BOA SORTE!!!

(1 xullo) Gabriel queda 6º na final de 1000m cun magnífico tempo de 2:37.18. Parabéns e boa viaxe de volta!

Maís información:

FOTOS

(máis…)