Archive for: 𔃸 Xuño, 2018’

Resultados competicións 6-10 xuño 2018

8 Xuño, 2018 Posted by javier

Esta semana as competicións comezaron o mércores 6 co Trofeo Sociedad Gimnástica de Pontevedra. O fin de semana hai citas de novo en Pontevedra (esta vez o Campionato de Galicia Sub10-12-14), Ferrol (Sub20-23) e o domingo en Vigo coa 5ª Xornada das Series Municipais.

A continuación vai o resumo de resultados. Estes días deixáronnos un recendo a triunfo, non só polos podios de Jacobo, Gabriel, Manuela, José, Lois e Elena senón polo esforzo e bós resultados de todos desde alevíns a maiores, con numerosas marcas persoais. E non sería porque o tempo acompañe!

FOTOS

(de momento hai poucas, se tedes máis podedes mandalas que a ocasión o merece)

  • 9 xuño: Manuela González campiona galega de altura

(máis…)

Campionato de Galicia Sub20-Sub23 2018 – Ferrol

8 Xuño, 2018 Posted by javier

O 10 de xuño terá lugar en Ferrol o Campionato de Galicia Sub20-Sub23.

Resultados: José Villar campíón galego junior en 3000m obstáculos, Elena Costas campiona galega junior en 1500m e Lois Mariño subcampión galego promesas en 800m. Parabéns para eles e tamén para Denis que quedóu 7º en 400m!

(máis…)