Archive for: ‘Xuño 2018’

LXXXV Campionato de Galicia Absoluto Masculino e LI Feminino en Pista – A Coruña 2018

28 Xuño, 2018 Posted by javier

O 30 de xuño celébrase no estadio da Universidade da Coruña (UDC) o Campionato Galego Absoluto Masculino e Feminino en Pista. Polo noso club asistirán varios atletas.

(30 xuño) Publicados os resultados da proba. Lois Mariño e José Villar primeiros nas súas categorías en 800m e 3000m-obstáculos. Parabéns para eles!. Máis información:

FOTOS

  • capturas do vídeo da retransmisión da FGA

(máis…)

A primeira pista de atletismo do Val Miñor en 2018

24 Xuño, 2018 Posted by javier

O pasado mes de maio deron comenzo en Nigrán as obras de acondicionamento do Río Muiños no contorno do Parque Empresarial Porto do Molle. Ademáis de boa noticia para o medio ambiente pola rexeneración de áreas naturais e redución da erosión do río, os atletas do Val Miñor están de noraboa: está prevista a construción dunha zona de adestramento con pista de atletismo de 6 rúas, que será a primeira da zona merecedora de tal nome. Estará totalmente integrada na paisaxe e rodeada doutras instalacións como pista de skate, circuito de running e zona de recreo infantil. Esperemos que non haxa atrancos para un proxecto tan importante e que se poida rematar en prazo (para finais deste ano 2018).

(máis…)

XXIV Trofeo Cidade de Pontevedra – XXXI Trofeo Froiz 4ª Xornada 2018

20 Xuño, 2018 Posted by javier

O vindeiro 20 de xuño celébrase o 24º Trofeo Cidade de Pontevedra. Haberá competicións para categorías desde Sub12 ata veteráns. A partir das 18:20h no CGTD de Pontevedra. Máis información e resultados:

(20 xuño) Gabriel Canedo 1º e Sergio Souto 3º en 1000m. Parabéns para eles e o resto de competidores!

(máis…)

Resultados competicións 13-17 xuño 2018

18 Xuño, 2018 Posted by javier

Esta terceira semana de xuño houbo poucas competicións, especialmente nas categorías inferiores (toca rematar o curso e xa se sabe…). Así que este resumo vai dedicado ós atletas maiores, que outras veces pasan un pouco desapercibidos ante o avance imparable da canteira. Estes son os resultados:

Tetratlo Técnico Regional 2018 en Braga

11 Xuño, 2018 Posted by javier

O 13 de xuño tamén hai competición en Braga (Portugal), neste caso outro Tetratlo Regional. Hai para escoller! Organizado pola Associação de Atletismo de Braga. Será no Estádio 1º de Maio. Para categorías xuvenil e superiores.

(13 xuño) Finalmente non houbo participación do noso club nesta proba. De tódolos xeitos poñemos os resultados a continuación.

Máis información:

(máis…)

Tetratlo Distrital Viana 2018

11 Xuño, 2018 Posted by javier

O vindeiro 13 de xuño celébrase en Viana do Castelo (Portugal) o Tetratlo Distrital para categorías xuvenil e superiores. Será no Estádio de Atletismo Manuela Machado, a partir das 18:00 (hora portuguesa).

(13 xuño) Bo papel dos atletas participantes, Gabriel Canedo e Abel Domínguez. Gabriel foi 1º en 3 probas!! Parabéns para eles polo esforzo realizado!

Máis información:

(máis…)

Resultados competicións 6-10 xuño 2018

8 Xuño, 2018 Posted by javier

Esta semana as competicións comezaron o mércores 6 co Trofeo Sociedad Gimnástica de Pontevedra. O fin de semana hai citas de novo en Pontevedra (esta vez o Campionato de Galicia Sub10-12-14), Ferrol (Sub20-23) e o domingo en Vigo coa 5ª Xornada das Series Municipais.

A continuación vai o resumo de resultados. Estes días deixáronnos un recendo a triunfo, non só polos podios de Jacobo, Gabriel, Manuela, José, Lois e Elena senón polo esforzo e bós resultados de todos desde alevíns a maiores, con numerosas marcas persoais. E non sería porque o tempo acompañe!

FOTOS

(de momento hai poucas, se tedes máis podedes mandalas que a ocasión o merece)

  • 9 xuño: Manuela González campiona galega de altura

(máis…)

Campionato de Galicia Sub20-Sub23 2018 – Ferrol

8 Xuño, 2018 Posted by javier

O 10 de xuño terá lugar en Ferrol o Campionato de Galicia Sub20-Sub23.

Resultados: José Villar campíón galego junior en 3000m obstáculos, Elena Costas campiona galega junior en 1500m e Lois Mariño subcampión galego promesas en 800m. Parabéns para eles e tamén para Denis que quedóu 7º en 400m!

(máis…)

XLIII Trofeo Sociedad Gimnástica de Pontevedra – XXXI Trofeo Froiz 3ª Xornada 2018

7 Xuño, 2018 Posted by javier

Este mércores 6 de xuño celebróuse en Pontevedra o 43º Trofeo da Sociedad Gimnástica. Magnífico resultado de Gabriel (1º en 600m). Parabéns para él e os seus compañeiros!

(máis…)

Campionato de Galicia Sub10-12-14 2018

7 Xuño, 2018 Posted by javier

O vindeiro 9 de xuño celébrase no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) de Pontevedra o Campionato de Galicia 2018 para categorías Sub10 (Benxamín), Sub12 (Alevín) e Sub14 (Infantil).

(9 xuño) Jacobo doble campión de Galicia en 80m valados e pértega e Manuela en salto de altura. Parabéns para eles e todos os demáis competidores!

Máis información e resultados:

 

(máis…)