Archive for: ‘Maio 2018’

Campeonato Regional de Iniciados e Veteranos – Guimarães 2018

15 Maio, 2018 Posted by javier

O sábado 19 de maio haberá en Guimarães (Portugal) o Campeonato Regional de Iniciados e Veteranos. Para todas as categorias, de Benxamíns a Veteranos. O club ten previsto acudir co grupo de maiores en función das previsións do tempo, xa que pode facer moita calor. Máis información:


 

Resultados competicións 12-13 maio 2018

12 Maio, 2018 Posted by javier

Este fin de semana do 12-13 de maio o equipo infantil feminino acude a Lugo para participar no Campionato de Galicia por equipos. O domingo hai cita doble, por unha banda Xogade en Pontevedra para os seleccionados e o resto teñen a Carreira Xóvenes Atletas en O Porriño.

(12 maio) publicados os resultados de Lugo,  parabéns para todos os participantes e especialmente para o equipo de relevos (Nadia, Patricia, Nayr e María) polo ouro en 4×80, Jacobo polo ouro en pértega, Nadia polo bronce en 500m e Manuela polo bronce en altura!!

(13 maio) publicados os resultados de Pontevedra, parabéns tamén para todos os participantes nestas probas!

(15 maio) en Porriño seguimos sen clasificación oficial, inda que xa é un pouco tarde felicitar a todos os participantes e en especial a Gabriel, Gabriela, Bisrat, Lucía, Bruno, Enzo, Lois, Alexandre…

Aí vai o resumo de resultados:

(máis…)

Campionato de Galicia Sub10-12-14 por equipos – Lugo 2018

8 Maio, 2018 Posted by javier

O vindeiro 12 de maio celébrase en Lugo o Campionato de Galicia por equipos para categorías Sub10 (BEN), Sub12 (ALE) e Sub14 (INF) na cidade de Lugo. O noso club ten previsto acudir co equipo infantil feminino.

(8-maio) Haberá un bus (compartido co Celta) que nos recollerá ás 12:20h na parada de ATSA de Ramallosa (CC La Romana, Av. Manuel Lemos). Hai que levar comida ou bocadillo para tomar polo camiño. Hai un número limitado de prazas para acompañantes, o prezo é de 10€ (contactar con Jose Ángel, o presidente do club).

(12 maio) Xa están os resultados deste campionato, parabéns para todos os participantes e especialmente para o equipo de relevos (Nadia, Patricia, Nayr e María) polo ouro en 4×80, Jacobo polo ouro en pértega, Nadia polo bronce en 500m e Manuela polo bronce en altura!!

Máis información:

(máis…)

XIII Carreira Xóvenes Atletas O Porriño 2018

7 Maio, 2018 Posted by javier

O domingo 13 de maio hai competición en Porriño, a XIII Carreira Xóvenes Atletas organizada polo Club Atletismo Porriño. Para categorías desde pitufos a cadetes (2003-2015).

(15 maio) en Porriño seguimos sen clasificación oficial, inda que xa é un pouco tarde felicitar a todos os participantes e en especial a Gabriel, Gabriela, Bisrat, Lucía, Bruno, Enzo, Lois, Alexandre…

Máis información e resultados nas ligazóns seguinte:

 

 

Resultados competicións 1-6 maio 2018

5 Maio, 2018 Posted by javier

Esta primeira semana de maio comezamos cun martes festivo, o Día do Traballo. E qué mellor xeito de celebralo que traballando…  na pista de competicións, neste caso o XII Memorial Eugenio Torres en Vigo. Acudiron os grupos desde Benxamíns ata Cadetes con bos resultados en xeral, destacando a Uxía Vidal en 60m, Gabriel Canedo en 1000m ou Jesús González en peso. E como sorpresa (ou non tanto) Nanda fíxose co primeiro posto na súa categoría nos 10km da 1ª Carreira Día do Traballador de Tomiño organizada pola Agrupación Deportiva Baixo Miño (Agrudebam). Parabéns para todos!

O fin de semana do 5-6 tamén hai competicións (sábado Xogade en Vigo e Cros en Vincios, domingo Series Municipais en Vigo), poñeremos os resultados cando estean dispoñibles. Namentres boa sorte e adestrade moito!

(5-maio) Engadidos os resultados de Xogade en Vigo. Quedan pendentes os resultados de Vincios, os poñeremos cando estean dispoñibles.

(6-maio) Engadidos resultados das Series Municipais en Vigo

FOTOS

Xornada Xogade en Vigo 5 maio, o equipo de Benxamíns e Alevíns co seu adestrador temporal Carlos (que se despide hoxe, grazas de parte de todos!):

(máis…)

XIV Trofeo de Atletismo en Pista Vila de Cangas 2018

3 Maio, 2018 Posted by javier

O 17 de maio celébrase en Cangas o Trofeo de Atletismo en Pista Vila de Cangas. Será a partir das 10:30h na Pista de Atletismo de Cangas. Inscricións a cargo do club na páxina da federación (ata o 14 de maio). Proba organizada polo Club de Atletismo Vila de Cangas.

(17 maio) Publicados os resultados da competición. Parabéns para todos, especialmente para Marina polo seu doble podio en 100 e 200m!!

Máis información e resultados:

II Campionato de Galicia de Relevos – Ourense 2018

3 Maio, 2018 Posted by javier

O 17 de maio celébrase en Ourense o II Campionato de Galicia de Relevos para categorías Sub14 e superiores. As probas comezan ás 10:45 (infantil feminino) e rematan ás 13:50 coa categoría máster masculino. As inscricións son a cargo do club a través da páxina da federación.

(17 maio) O equipo infantil de relevos 4×80 feminino CAMPIÓN DE GALICIA!!

Máis información e resultados: