Archive for: 𔃵 Maio, 2018’

Resultados competicións 1-6 maio 2018

5 Maio, 2018 Posted by javier

Esta primeira semana de maio comezamos cun martes festivo, o Día do Traballo. E qué mellor xeito de celebralo que traballando…  na pista de competicións, neste caso o XII Memorial Eugenio Torres en Vigo. Acudiron os grupos desde Benxamíns ata Cadetes con bos resultados en xeral, destacando a Uxía Vidal en 60m, Gabriel Canedo en 1000m ou Jesús González en peso. E como sorpresa (ou non tanto) Nanda fíxose co primeiro posto na súa categoría nos 10km da 1ª Carreira Día do Traballador de Tomiño organizada pola Agrupación Deportiva Baixo Miño (Agrudebam). Parabéns para todos!

O fin de semana do 5-6 tamén hai competicións (sábado Xogade en Vigo e Cros en Vincios, domingo Series Municipais en Vigo), poñeremos os resultados cando estean dispoñibles. Namentres boa sorte e adestrade moito!

(5-maio) Engadidos os resultados de Xogade en Vigo. Quedan pendentes os resultados de Vincios, os poñeremos cando estean dispoñibles.

(6-maio) Engadidos resultados das Series Municipais en Vigo

FOTOS

Xornada Xogade en Vigo 5 maio, o equipo de Benxamíns e Alevíns co seu adestrador temporal Carlos (que se despide hoxe, grazas de parte de todos!):

(máis…)