Archive for: ‘Abril 2018’

Resultados competicións 28-29 abril 2018

29 Abril, 2018 Posted by javier

O fin de semana do 28-29 de abril houbo competicións de pista de Xogade en Vigo e Pontevedra. O sábado foi a xornada de Benxamíns e Alevíns en Pontevedra e o domingo a de Infantís en Vigo. Nas ligazóns seguintes podedes consultar toda a información. Parabéns para todos e recordade que o martes hai competición en Vigo!

 

XII Memorial Eugenio Torres – Trofeo AVA 2018

27 Abril, 2018 Posted by javier

O martes 1 de maio celébrase en Vigo o XII Memorial Eugenio Torres organizado pola Agrupación Viguesa de Atletismo (AVA). Para categorías cadete e inferiores. Máis información:

(máis…)

Holi Run Vigo 2018

26 Abril, 2018 Posted by javier

O domingo 13 de maio hai festa deportiva na praia de Samil en Vigo, neste caso a Holi Run 2018. Este evento vai pola quinta edición e está inspirado no Festival das Cores que se celebra cada ano na India para celebrar a chegada da primaveira.

Máis información e inscricións:

 

Resultados competicións 22 abril 2018

23 Abril, 2018 Posted by javier

O fin de semana do 22 de abril tivemos varias citas simultáneas. O domingo coincidiron o Cros do Colexio Mosteiro-Bembrive, a 4ª Xornada de Xogade en Vigo (que por cuestións de organización foi despois da 5ª) e a carreira HappyGoRunning da Universidade de Vigo. En todas elas houbo representación do club. Nos enlaces seguintes podedes consultar toda a información, resultados e algunha foto (grazas Óscar polo enlace do álbum de AVA):

 

HappyGoRunning – Cidade Universitaria Vigo 2018

22 Abril, 2018 Posted by javier

Hoxe 22 de abril foi a HappyGoRunning organizada polo Servizo de Deportes da Universidade de Vigo nun circuíto de 3,3 km no Campus de Lagoas-Marcosende en Vigo. Houbo unha andaina de 10 km e dúas carreiras, unha de 6,6 km e outra de 10. Nela participóu unha representación do club formada por Nanda Martín, Luis Costa, Juan González  e Mari Costas onde fixeron un papel máis que aceptable. Máis información e resultados:

 

Fotos Xornadas Xogade 2018

19 Abril, 2018 Posted by javier

Aí van algunhas fotos das Xornadas do día 14 de abril. Grazas Luz por compartilas!

(máis…)

XXV Cros Escolar Santa Mariña Vincios 2018

17 Abril, 2018 Posted by javier

O vindeiro 5 de maio será a Festa do Deporte de Vincios, con actividades para tódalas idades, desde un Duathlon ata exhibicións de tiro con arco (a cargo do Club Serra de Gondomar) e canicross (Club Kennel Den). Para os máis pequenos haberá o Cros Escolar, que comenza ás 16:30h. Inscricións ata o 1 de maio no Centro Cultural de Vincios e no correo vinciostm@gmail.com ou no teléfono 699670085.

 

39º Cros Escolar Mosteiro Bembrive 2018

17 Abril, 2018 Posted by javier

O domingo 22 de abril celébrase a 39ª edición do Cros Escolar Mosteiro-Bembrive organizado pola ANPA “Bene Vivere”. Para categorías desde Pitufo a Cadete, todos os participantes teñen que estar inscritos no programa Xogade. Máis información:

 

 

(máis…)

Resultados competicións 14-15 abril 2018

15 Abril, 2018 Posted by javier

O fin de semana do 14-15 de abril estivo cheo de competicións para os nosos atletas. Dúas de Xogade en Pontevedra, en Braga o sábado pola tarde e o Cros Párroco Don Camilo en Vigo o domingo.

Destacar a marea verde que tinguíu o Estadio da Xuventude de Pontevedra, con Jesús e Jacobo á cabeza en infantís, sen esquecer a Bruno, David, Jacobo, Patricia, Nadia, María, Nayr, Manuela… e en xeral bos resultados de tod@s. En Benxamíns e Alevins Sergio, Bisrat, Uxía, Alexandra…  E en Braga (Noe, Elena). E no cros do domingo houbo poucos podios que non luciran tamén en verde… parabéns para tod@s e que se repita máis veces! Tamén para os que participaron nas Series Municipais de Vigo (e desculpas polo retraso e poñer os resultados:-)

 

Xornadas Series Municipais 2018 – III Circuíto de Pista Concello de Vigo

11 Abril, 2018 Posted by javier

Información e resultados das Xornadas Municipais organizadas pola Agrupación Viguesa de Atletismo:

(máis…)