Archive for: 𔃲 Marzo, 2018’

Comenza a Arribada 2018

2 Marzo, 2018 Posted by javier

Hoxe 2 de marzo comenzan os actos da Festa da Arribada 2018. Este ano o tempo non acompaña moito, inda que o domingo pola mañá é probable que non chova e se poida aproveitar para desfrutar das actividades e tomar algo por alí, especialmente no noso posto. Estaremos na Praza de Santa Liberata (ó lado da Colexiata), avisade a amigos, familiares e todos os vosos contactos!

Esperamos que coa colaboración de todos a festa sexa igualmente un éxito. A continuación vai a información, co programa de actividades, plano, transportes (hai autobuses gratuitos cada media hora desde Porto do Molle en Nigrán donde se pode deixar o coche).

NOTA 3-marzo: os servizos de barcos desde Panxón, Vigo e Cangas canceláronse hoxe totalmente debido ó mal tempo.

 

 

 

Fotos do posto e parte do menú (100% caseiro)