Archive for: ‘Marzo 2018’

Garabullo Fisioterapia e Deporte

31 Marzo, 2018 Posted by javier

O Centro de Fisioterapia Garabullo de Gondomar colabora co noso club ofrecendo un desconto do 20% en todos os seus servizos (fisioterapia, osteopatía, readaptación, pilates…). Este centro está especializado na recuperación de deportistas para que volvan rendir ó máximo nivel tras unha lesión, colaborando con entidades como o Club Ciclista Vigués e o Porriño Industrial FC.

Máis información:

 

 

Trofeo Reconquista Vigo 2018 – Modificación horarios

27 Marzo, 2018 Posted by javier

Os horarios desta competición foron modificados o día 26 (grazas Óscar por avisar), podedes consultar a información actualizada no enlace:

Colaboración 19ª Vig-Bay 2018

24 Marzo, 2018 Posted by javier

Pedimos novamente a vosa colaboración para o avituallamento nesta carreira na que tradicionalmente participa o club e que nos axuda a financiar as actividades dos rapaces o resto do ano.
Nesta carreira ocupámonos de dar esponxas e auga aos corredores en sete puntos do percorrido. Necesitamos sobre 140 persoas (os nenos son benvidos a participar) polo que vos pedimos a vosa máxima colaboración. O longo da próxima semana iremos chamando a cada socio pero se algún quere anotarse xa, pode avisar polos grupos de mensaxes ou por correo electrónico no enderezo do club savalminor@hotmail.com.

Moitas grazas a todos,

A Directiva da S.A. Val Miñor

42º Cros Coutada-Beade 2018

24 Marzo, 2018 Posted by javier

O 8 de abril celébrase en Beade (Vigo) a 42ª edición do Cros do Colexio Coutada. De momento non hai máis información (regulamento, horarios), en canto sexa posible poñemos os enlaces.

AVISO: debido á coincidencia coa Vig-Bay e que non é unha carreira federada o club non vai asistir a esta competición

  • Web da competición
  • Localización
  • Regulamento
  • Inscrición
  • Resultados

 

Carreira Nocturna Nigrán H2K Plaza 2018

20 Marzo, 2018 Posted by javier

O sábado 24 de marzo celébrase en Nigrán a Carreira Nocturna H2K Plaza. Comenza ás 19:30h. Máis información a continuación.

(25-marzo). Xa se poden consultar os resultados da absoluta. Parabéns a todos os que participaron, especialmente ós que acadaron podio nas súas categorías!

 

XII Interrunning Concello de O Porriño 2018

12 Marzo, 2018 Posted by javier

O domingo 18 de marzo celébrase en O Porriño a XII Interruning – Concello de O Porriño. Para todas as categorías, desde Pitufos ata Veteráns.

(18 marzo) Gabriela Bouzada gañadora en pituf@s, Sergio Gil 2º en benxamíns, e Alex Román 1º en xuvenís! Parabéns para eles e todos os que participaron!

FOTOS

XXXI Trofeo Reconquista Vigo 2018

12 Marzo, 2018 Posted by javier

O mércores 28 de marzo celébrase en Vigo o Trofeo Reconquista de Atletismo en Pista, organizado pola Agrupación Viguesa de Atletismo. Máis información e resultados a continuación.

(28-marzo): Publicados os resultados da proba. Parabéns para todos os participantes e especialmente ós que acadaron os mellores postos, como Marina Prieto en 400m, Sergio Souto en 600m, Sara Álvarez en 300m vallas ou Manuela González en altura!

 

 

100º Campeonato de España de Campo a Traves 2018

11 Marzo, 2018 Posted by javier

O domingo 11 de marzo celébrase no Circo Romano de Mérida o 100º Campionato de España de Campo a Través. Nel participa Elena Costas como representante do noso club dentro da Selección Galega. Máis información en:

 

 

 

Fotos da competición (enviadas por Nanda):

XXXI Campionato de Galicia Sub16 de Pista Cuberta 2018

8 Marzo, 2018 Posted by javier

Este fin de semana (sábado 10) celébrase en Ourense o Campionato de Galicia Sub16 (cadete) de Pista Cuberta. Máis información e resultados:

 

 

Carreira Colexio Monterrey 2018

4 Marzo, 2018 Posted by javier

Hoxe 4 de marzo foi a carreira do Colexio Monterrey en Vigo. Ahí van os resultados oficiais, moitos dos nosos atletas subiron ó podio (ata na categoría de pais). Parabéns para todos!