Archive for: ‘Febreiro 2018’

Localización de instalacións deportivas

27 Febreiro, 2018 Posted by javier

Nesta sección iremos engadindo todas as localizacións de pistas de atletismo, circuitos de cros ou calquera outra instalación de interese para os nosos atletas e competicións. En cada unha delas poderedes atopar os datos de ubicación e mapa con indicacións para chegar.

Na páxina de atletismo do Celta xa hai un mapa parecido e moi completo de instalacións permanentes, que enlazamos a continuación. Tamén a Federación Galega ten un mapa de instalacións, neste caso pistas oficiais cubertas ou ó aire libre. Entre todos estes recursos esperamos que sexa máis fácil para todos localizar os sitios e que ninguén se quede sen competir por ese motivo.

1) MAPA CELTA ATLETISMO

 

2) MAPA FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

 

3) MAPA LOCALIZACIÓNS DEPORTIVAS S.A. VALMIÑOR

 

 

Mapa de Instalacións Deportivas Celta Atletismo

27 Febreiro, 2018 Posted by javier

Enlaces á información de instalacións deportivas en Galicia e zonas limítrofes (Norte de Portugal e Castela-León). Moitas grazas a eles por poñer este mapa a disposición de todos os deportistas:

 

 

Resultados Competicións 24-25 febreiro 2018

24 Febreiro, 2018 Posted by javier

Enlaces ós resultados dos Campionatos Galegos de Pista Cuberta celebrados en Ourense este fin de semana. Grazas a todos os participantes polo voso esforzo, especialmente a Manuela polo ouro en altura e Jacobo pola prata en pértega e pronta recuperación para @s lesionad@s!

Resultados competicións 17-18 febreiro 2018

17 Febreiro, 2018 Posted by javier

Este fin de semana houbo competicións en A Pobra do Caramiñal (Xogade), o Cros de San Miguel de Oia (Vigo) e en Vilagarcía. Os resultados están nas páxinas de cada evento (ver axenda de competicións), pero os resumimos tamén aquí. Grazas a todos por participar e parabéns por ese cuarto posto por equipos na Pobra e todos os trofeos acadados no Cros de Oia e en Vilagarcía!

 

Aviso Arribada 2018

16 Febreiro, 2018 Posted by javier

PRECISAMOS A COLABORACIÓN DE TODOS PARA A FESTA DA ARRIBADA, ANOTÁDEVOS CANTO ANTES PARA ORGANIZALO CON TEMPO. GRAZAS E ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!

Reunión Arribada 2018

15 Febreiro, 2018 Posted by javier

Convocamos unha reunión o vindeiro venres 16 de febreiro ás 18:30h no local do club (planta superior do CDL en Gondomar) para a coordenación da Arribada deste ano e explicar a organización deste evento ós novos socios. Procurade asistir e os que non poidades poñédevos en contacto coas coordenadoras o antes posible para organizar turnos. Grazas a todos!

A Directiva da S. A. Val Miñor

XXIII Festa da Arribada – Baiona 2018

14 Febreiro, 2018 Posted by javier

FESTA DA ARRIBADA EN BAIONA: 3 E 4 DE MARZO DE 2018

A Sociedad Atletica Val Miñor vai poñer un posto, igual que todos estes últimos anos, con comidas e bebidas para recaudar fondos na festa da Arribada os dias 3 e 4 de marzo en Baiona. Estaremos na zona da Capela de Santa Liberata.

Como sabedes para poder facerlle frente aos gastos do Club este evento é fundamental.

Pedimos como sempre a colaboración de todos:

  • Por un lado a doazón de algún alimento típico desta festa que poñemos a venta, tal como empanadas, doces caseiros, especialmente de chocolate, leite frito, rosquillas, etc. (no posto elabóranse callos, tortilla, bocadillos varios, filloas, etc )
  • E por outro lado facemos 4 turnos para atender o posto, sábado mediodía e tarde, e domingo mediodia e tarde.
  • Elaboraremos unha axenda polo que necesitamos que nos indiquedes que día poderiades achegalos ata o posto e qué produto, para telo todo organizado.
  • A entrega dos produtos sería o sabado día 3 e domingo día 4 antes das 10:00 da mañá no posto da Sociedade Atlética Val Miñor.
  • Para as empanadas existe a posibilidade de encargalas na Panadería Yahoma (Sabarís) e que eles nolas sirvan no posto. Iso si… as familias fanse cargo do custe da empanada.

Para a coordinación de todo isto este ano se encargan as compañeiras da directiva Belén e Trini, ás que vos agradecemos lles indiquedes a vosa disponibilidade para algún dos catro turnos e si queredes achegar algunha doazón. Podedes contactar con elas a través dos grupos de mensaxes de whatsapp, donde tamén están os seus teléfonos (non se poñen aquí por motivos de privacidade).

Por último agradecer anticipadamente a vosa visita e que deades a maior difusión posible entre familiares e amigos.

Gracias,

SOCIEDADE ATLÉTICA VALMIÑOR

Os puntos quentes do deporte no Val Miñor

12 Febreiro, 2018 Posted by javier

Nos últimos meses de 2017 foi noticia unha páxina web (Strava Labs) que revelaba os trazados gps das actividades deportivas de millóns de atletas a nivel mundial, creando un interesante mapa de “puntos quentes” (coñecido como “HeatMap”) donde se concentra a actividade máis intensa. A noticia xurdíu porque tamén revelaba a ubicación de instalacións militares onde os seus ocupantes practicaban deportes. Esta noticia apareceu publicada en moitos lugares, a continuación poñemos algúns enlaces. A foto da dereita corresponde (non o adiviñades?) á contorna do Campo das Cercas, un dos puntos máis quentes (deportivamente falando) do Val Miñor. Ata os satélites o recoñecen! (máis…)

Resultados IV Carreira Entroido Concello de Vigo

12 Febreiro, 2018 Posted by javier

Nesta carreira Gabriel Canedo quedóu primeiro na súa categoría. Parabéns para él! Podedes consultar os resultados dispoñibles en ChampionChipNorte (só para as categorías superiores). Foto axunta publicada no Atlántico Diario.

 

III Trofeo Atletismo Mazi – Vilagarcía 2018

12 Febreiro, 2018 Posted by javier

O día 18 de febreiro haberá campionato en Vilagarcía organizado polo Club de Atletismo Mazi.

(18-2-2018) Resultados actualizados e medalla de Nadia en 500m. Parabéns para ela e para o resto do equipo que non o fixo nada mal!

 

FOTO DO PODIO: