Archive for: ‘Xaneiro 2018’

Campionato de Galicia Sub16 Sub18 Individual e Clubs de Campo a Través – A Rúa 2018

27 Xaneiro, 2018 Posted by javier

O 28 de xaneiro de 2018 celébrase en A Rúa (Ourense) o  Campionato de Galicia Sub16 – Sub18 Individual e Clubs de Campo a Través:

           11:55 Sub16-fem 2500 m
           12:15 Sub16-masc 3500 m
           12:40 Sub18-fem 4000 m
           13:05 Sub18-masc 5000 m

 

FOTOS DA COMPETICIÓN

(Grazas a José Ángel por envialas)

 

 

 

Cros escolar provincial xaneiro 2018

25 Xaneiro, 2018 Posted by javier

Outro bo resultado dun atleta do noso club, Gabriel Canedo quedóu primeiro co seu colexio no Campionato Provincial Escolar de Campo a Través celebrado o 23 de xaneiro de 2018 no circuíto da Azucareira de Portas (Pontevedra), que este ano foi durante a semana e en horario lectivo. Parabéns campión!

(Foto e información de Mary Fernández)

Resultados da 2ª Xornada das Series Municipais de Vigo 2018

21 Xaneiro, 2018 Posted by javier

Máis resultados para o club, neste caso na 2ª Xornada do III Circuíto de Pista Concello de Vigo celebrado o 21 de xaneiro de 2018. Magnífico resultado de Marina en 400m e de Carlos en salto de altura. Día de ouro para o club!

(se hai algunha foto dos gañadores agradecemos que a enviedes para poñela na páxina, que a ocasión o merece)

 

 

Resultados Campionato de Galicia de Pista Cuberta 2017/2018

21 Xaneiro, 2018 Posted by javier

Xa están os resultados do Campionato Galego de Pista Cuberta celebrado en Riazor (A Coruña) este domingo 21 de xaneiro de 2018. Destacar o bronce de Elena en 1500m femininos. Á dereita pódese ver a foto de entrega de premios enviada por Nanda. Noraboa!

A continuación van as listas de resultados completos e nos que participaron atletas do noso club:

 

Competicións Xaneiro-Febreiro 2018

20 Xaneiro, 2018 Posted by javier

Este comenzo de ano ven cheo de competicións. Aí van as vindeiras citas:

7 xaneiro 2018: 1ª Xornada Series Municipais 2018 – III Circuíto de Pista Concello de Vigo en Balaídos. Para Sub16 e categorías superiores

13 xaneiro 2018: Campionato de Galicia Absoluto na Pista Cuberta de Ourense, para atletas federados con marca mínima de categorías Sub16 e superiores

20 xaneiro 2018: Torneio de Janeiro + Desporto Escolar 2018

 

21 xaneiro 2018: Campionato de Galicia de Pista Cuberta

21 xaneiro 2018: III Circuíto de Pista Concello de Vigo – 2ª Xornada Series Municipais

  • Para categorías Sub16 e superiores excepto lanzamento de disco (Sub14 en diante)
  • Lugar: Pistas de Balaídos (Vigo)
  • Inscricións a cargo do club a través da web da RFEA (ata o 18 de xaneiro)
  • Regulamento
  • Horarios (OLLO! modificados o 19/1)
  • Lista de inscritos

28 xaneiro 2018: Campionato de Galicia Sub16 – Sub18 Individual e Clubs de Campo a Través

3 febreiro 2018: Campionato Provincial Pontevedra Xogade – Campo a Través

 

4 febreiro 2018: Campionato de Galicia Absoluto de Campo a Través Individual e Clubs

17 febreiro 2018: Campionato de Galicia Cros Xogade – A Pobra 2018

18 febreiro 2018: XLI TROFEO DE CAMPO A TRAVÉS – SAN MIGUEL DE OIA

 

Torneio de Janeiro + Desporto Escolar Viana do Castelo 2018

20 Xaneiro, 2018 Posted by javier

20 xaneiro 2018: Torneio de Janeiro + Desporto Escolar 2018 en Viana do Castelo:

 

Campionato de Galicia Absoluto de Pista Cuberta Ourense 2017-2018

9 Xaneiro, 2018 Posted by javier

O sábado 13 de xaneiro de 2018 celébrase na pista cuberta de Ourense o Campionato de Galicia Absoluto, para atletas federados con marca mínima de categorías Sub16 e superiores. A inscrición a fará o club a través da web da RFEA. Prazo ata o martes 9 ás 20h. Os horarios das probas comenzan ás 11h do sábado e as finais serán pola tarde. Boa sorte a tódolos participantes!

 

1ª Xornada Series Municipais 2018 – III Circuíto de Pista Concello de Vigo

4 Xaneiro, 2018 Posted by javier

A primeira competición de 2018 será o domingo 7 de xaneiro en Balaídos a partir das 10:30h, dentro das Series Municipais 2018. Para Sub16 e categorías superiores. A inscrición será a cargo do club a través da intranet da RFEA. Máis información e resultados:

 

Aviso importante

1 Xaneiro, 2018 Posted by javier

DESDE O CAMBIO DE HORA DE OUTONO OS ADESTRAMENTOS SON POLA NOITE, POR ISO QUEREMOS PEDIR QUE OS RAPACES/AS LEVEN ROUPA DE CORES CLARAS E TAMÉN ALGÚN ELEMENTO REFLECTANTE POLA SÚA PROPIA SEGURIDADE

Nadal 2017

1 Xaneiro, 2018 Posted by javier

BOAS FESTAS A TODOS
E FELIZ ANINOVO!