Archive for: ‘Xaneiro 2018’

Resultados da 2ª Xornada das Series Municipais de Vigo 2018

21 Xaneiro, 2018 Posted by javier

Máis resultados para o club, neste caso na 2ª Xornada do III Circuíto de Pista Concello de Vigo celebrado o 21 de xaneiro de 2018. Magnífico resultado de Marina en 400m e de Carlos en salto de altura. Día de ouro para o club!

(se hai algunha foto dos gañadores agradecemos que a enviedes para poñela na páxina, que a ocasión o merece)

 

 

Resultados Campionato de Galicia de Pista Cuberta 2017/2018

21 Xaneiro, 2018 Posted by javier

Xa están os resultados do Campionato Galego de Pista Cuberta celebrado en Riazor (A Coruña) este domingo 21 de xaneiro de 2018. Destacar o bronce de Elena en 1500m femininos. Á dereita pódese ver a foto de entrega de premios enviada por Nanda. Noraboa!

A continuación van as listas de resultados completos e nos que participaron atletas do noso club:

 

Competicións Xaneiro-Febreiro 2018

17 Xaneiro, 2018 Posted by javier

Este comenzo de ano ven cheo de competicións. Aí van as vindeiras citas:

20 xaneiro 2018: Torneio de Janeiro + Desporto Escolar 2018

 

21 xaneiro 2018: Campionato de Galicia de Pista Cuberta

21 xaneiro 2018: III Circuíto de Pista Concello de Vigo – 2ª Xornada Series Municipais

  • Para categorías Sub16 e superiores excepto lanzamento de disco (Sub14 en diante)
  • Lugar: Pistas de Balaídos (Vigo)
  • Inscricións a cargo do club a través da web da RFEA (ata o 18 de xaneiro)
  • Regulamento
  • Horarios (OLLO! modificados o 19/1)
  • Lista de inscritos

3 febreiro 2018: Campionato Provincial Pontevedra Xogade – Campo a Través

  • Para Benxamíns, Alevíns, Infantís, Cadetes e Clubs
  • Lugar: Portas (Pontevedra)
  • Inscricións a cargo do club a través do programa Xogade

18 febreiro 2018: XLI TROFEO DE CAMPO A TRAVÉS – SAN MIGUEL DE OIA

 

Campionato de Galicia Absoluto de Pista Cuberta Ourense 2017-2018

9 Xaneiro, 2018 Posted by javier

O sábado 13 de xaneiro de 2018 celébrase na pista cuberta de Ourense o Campionato de Galicia Absoluto, para atletas federados con marca mínima de categorías Sub16 e superiores. A inscrición a fará o club a través da web da RFEA. Prazo ata o martes 9 ás 20h. Os horarios das probas comenzan ás 11h do sábado e as finais serán pola tarde. Boa sorte a tódolos participantes!

 

1ª Xornada Series Municipais 2018 – III Circuíto de Pista Concello de Vigo

4 Xaneiro, 2018 Posted by javier

A primeira competición de 2018 será o domingo 7 de xaneiro en Balaídos a partir das 10:30h, dentro das Series Municipais 2018. Para Sub16 e categorías superiores. A inscrición será a cargo do club a través da intranet da RFEA. Máis información e resultados:

 

Nadal 2017

1 Xaneiro, 2018 Posted by javier

BOAS FESTAS A TODOS
E FELIZ ANINOVO!

IV San Silvestre Solidaria Cambados 2017

1 Xaneiro, 2018 Posted by javier

O día 31 de decembro estivo cheo de deporte por todas partes. En Cambados fixeron a IV San Silvestre Solidaria organizada polo Club Atletismo Cambados. Na categoría absoluta participóu Víctor Álvarez acadando un magnífico terceiro posto. Velaí os resultados e enlaces a fotos da páxina do club: