Archive for: 𔃶 Decembro, 2017’

Cea de Nadal 2017

6 Decembro, 2017 Posted by javier

AVISO 6 decembro: pregamos que vos anotedes o antes posible para reservar prazas no restaurante. Grazas!

Como ven sendo habitual nestas datas, a S.A. Val Miñor celebrará a tradicional Cea de Nadal o vindeiro 15 de decembro de 2017, despóis do adestramento, ás 22h. Será de novo no Restaurante “La Cuesta de Claudia” (Estrada pola vía nº 142, en Nigrán, pasando o Froiz en dirección Vigo antes de chegar ó cemiterio de Panxón). Como sempre, reunímonos para cear xuntos e conversar e haberá baile e karaoke.

O prezo son 16€ adultos e 11€ os nen@s ata 14 anos inclusive. Teremos tamén o tradicional sorteo de agasallos con rifas a 1€.

Animádevos a vir!

Para confirmar asistencia á cea avisade a Pilar Márquez (nai de Abel) por teléfono/whatsapp.

MOI IMPORTANTE: Indicar se alguén ten algunha alerxia alimentaria para telo en conta.