Archive for: ‘Decembro 2017’

III San Silvestre Solidaria Nigrán 2017 Resultados

31 Decembro, 2017 Posted by javier

Os resultados desta carreira mídense en diversión e kilos de comida recibida, polo que só imos poñer unhas fotos (grazas Luz e José Manuel) e novas dos xornais. Ademáis os gorros de Papá Noel reducen a aerodinámica dos atletas e impiden acadar boas marcas. Bo fin de ano para todos!

 
 

I Control Pista Cuberta de Ourense 2017

29 Decembro, 2017 Posted by javier

Este control está organizado polos Clubes Aurum e Ourense Atletismo coa colaboración da Federación Galega de Atletismo. Será o sábado 30 de decembro pola mañá na nova e espectacular pista cuberta de Expourense (ver foto, cortesía de Suso Prieto). Para Sub16 e categorías superiores. O noso club levóu unha amplia representación que fixo un bo papel. Noraboa a tódolos participantes, sobre todo polo esforzo nestas datas tan cheas de competicións e celebracións.

 

Resultados fin de ano 2017

23 Decembro, 2017 Posted by javier

   Nesta páxina iremos poñendo os resultados das últimas competicións de finais deste ano 2017:

Esta Noiteboa hai moito que celebrar con tanto podio en poucos días e os bos resultados dos demáis atletas. Ahí van algunhas das fotos tomadas por vós mesmos:

Trofeo de Nadal do Celta

San Silvestre Guardesa

Carreira do Pavo en Vigo

 

Máis descontos para socios do club

18 Decembro, 2017 Posted by javier

Outro establecemento colaborador é Deportes Gol (Baiona) que fai descontos dun 10% en produtos que non estean rebaixados.

 

XIX Cros Escolar Val Miñor 2017 – Resultados

18 Decembro, 2017 Posted by javier

O domingo 17 de decembro tivemos o XIX Cros Escolar do Val Miñor no antigo campo de fútbol de Ladeira (Baiona). Foi unha mañá fría en temperatura pero quente en resultados, xa que os nosos atletas subiron ó podio en numerosas ocasións. Felicidades a tódolos participantes e a seguir adestrando e acadando éxitos!

RESULTADOS (como están entre as fotos fixemos un pequeno resumo):

Máis competicións de fin de ano 2017

14 Decembro, 2017 Posted by javier

Estas son as citas deportivas para os vindeiros días (Grazas Óscar por manternos puntualmente informados):

  • Día 17 de decembro Cros de Ladeira.
  • 22 de decembro II Trofeo de Atletismo en Pista da USC para os maiores en Santiago (depende do tempo porque é ó aire libre). Máis info na páxina da Federación.
  • 23 de decembro III Trofeo Solidario de Nadal Celta de Atletismo para menores en Balaídos, desde Sub16 ata Prebenxamíns (2011-12-13). Máis información na páxina de Celta Atletismo e na Federación. A inscrición xa a fai o club e é gratuita, pero pódese doar un xoguete novo ou alimentos non perecedoiros o día da carreira.
  • 24 de decembro 56º Gran Premio Pedestre do Nadal (Carreira do Pavo) en Vigo. Nesta carreira a inscrición teñen que facela directamente os atletas ou pais en Carreiras Galegas.
  • 24 de decembro tamén é a San Silvestre Guardesa. Información e inscricións (desculpas, esquecera poñer esta carreira).
  • 30 de decembro San Silvestre Solidaria de Nigrán. A inscrición está aberta ata o 28 de decembro na piscina de Ramallosa. O “prezo” da inscrición é 1 Kg de alimentos non perecedoiros por participante. Hai unha andaina de 4 Km e unha carreira de 6 Km.

E como parece que había algúns interesados, Óscar nos informa tamén de que para xuño de 2018 (inda falta moito) é o Campionato de España Sub14 Individual. Será en formato triatlón con distintas probas para escoller. O lugar previsto é Valladolid e a información actualizada pódese consultar na web da Federación no enlace:

 

 

Bikila e New Balance colaboran co noso club

14 Decembro, 2017 Posted by javier

Moitos xa coñecedes a tenda de deportes Bikila de Vigo (Avenida Castrelos 190,  tel. 986210975, email: vigo@bikila.com). Xa levan tempo colaborando co club e fan descontos dun 15 a un 25% segundo os artigos. Este ano cederon un lote de bolsas para material deportivo da marca New Balance que se sortearán na rifa da cea de Nadal. Grazas polo agasallo e esperamos seguir colaborando no futuro!

 

Descontos para socios do club

11 Decembro, 2017 Posted by javier

A directiva quere informar a todolos socios que acadamos un acordo coa Clínica Guillén Gómez de Baiona (Julián Valverde 66 – Sabarís, tel: 986354352) pola que se ofrecen descontos nos seguintes tratamentos:

  • CONSULTA PODOLÓXICA: 20% DESCONTO
  • PRANTILLAS TERMOCONFORMADADAS A MEDIDA E DEMÁIS TRATAMENTOS PODOLÓXICOS: 20% DESCONTO
  • CONSULTA FISIOTERAPIA: SE APLICARÁ UN 20%

IMPORTANTE: Para poder beneficiarse deste desconto hai que presentar o DNI e o Carnet de Socio do Club

Invasión Celeste 2017 – Resultados

10 Decembro, 2017 Posted by javier

O venres 8 de decembro a IV Invasión Celeste enchéu de atletas as rúas de Vigo. Malia que a nosa representación adoita ser escasa, nesta ocasión houbo premio no segundo posto acadado por David Pousa na categoría Sub14. Na foto da dereita (cortesía de Sandra Pereira) podemos ver a entrega de premios. Norabóa!

Podedes consultar os resultados completos na páxina web de Magma Sports:

 

 

 

 

Una numerosa ‘Invasión Celeste’ se abrió paso bajo la ansiada lluvia

Aviso importante

10 Decembro, 2017 Posted by javier

DESDE O CAMBIO DE HORA DE OUTONO OS ADESTRAMENTOS SON POLA NOITE, POR ISO QUEREMOS PEDIR QUE OS RAPACES/AS LEVEN ROUPA DE CORES CLARAS E TAMÉN ALGÚN ELEMENTO REFLECTANTE POLA SÚA PROPIA SEGURIDADE