Archive for: 󈥲 Novembro, 2017’

Rifa de Nadal 2017

18 Novembro, 2017 Posted by javier

A Sociedade Atlética Val Miñor comenza estes días a venda de rifas que entrarán no sorteo dunha tablet, que será para o número que coincida coas 4 últimas cifras do primeiro premio do sorteo da Lotería de Nadal do 22 de decembro de 2017. O prezo das rifas é de 1 euro. Grazas a todos pola súa colaboración.

 

XIX Cross Escolar Val Miñor 2017

18 Novembro, 2017 Posted by javier

Este ano temos dobre cita co Cross Escolar do Val Miñor, a pasada edición foi o 21 de xaneiro e a XIX edición será o domingo 17 de decembro no circuíto de Ladeira (Baiona).  O Club xa se encarga das inscricións dos nosos atletas. Coma outros anos tamén poden inscribirse os Centros Educativos, ou individualmente no Pavillón de Deportes, a través dos teléfonos 986356558 ou 679196881 ou no correo electrónico deportes@baiona.org. O prazo permanecerá aberto ata o 13 de decembro. Os horarios, distancias e categorías son os seguintes:

PROGRAMA XOGADE – XUNTA DE GALICIA

  • HORARIO CATEGORÍA ANO DISTANCIA VOLTAS
  • 10.45 H. CADETE MASC. (03-04) 3.500 mts. 5 voltas grandes
  • 11.00 H. CADETE FEM. (03-04) 2.250 mts. 3 voltas grandes
  • 11.15 H. INFANTIL FEM. (05-06) 1.500 mts. 2 voltas grandes
  • 11.25 H. INFANTIL MASC. (05-06) 2.000 mts. 2 voltas grandes + 1 pequena
  • 11.35 H. ALEVIN MASC. (07-08) 1.500 mts. 2 voltas grandes
  • 11.45 H. ALEVIN FEM. (07-08) 1.500 mts. 2 voltas grandes
  • 11.55 H. BENXAMÍN MASC. (09-10) 750 mts. 1 volta grandes
  • 12.05 H. BENXAMÍN FEM. (09-10) 750 mts. 1 volta grandes

 

PROGRAMA DEPORTE ESCOLAR – CONCELLO DE BAIONA

  • 12.10 H. PREBENXAMIN MASC. (11-12) 400 mts. 1 volta pequena
  • 12.20 H. PREBENXAMIN FEM. (11-12) 400 mts. 1 volta pequena
  • 12.30 H. CHUPETES MASC. (13-14) 80 mts. 1 longo
  • 12.40 H. CHUPETES FEM. (13-14) 80 mts. 1 longo

 Ás 12:50 horas será a ENTREGA DE TROFEOS

Enlace á web do Concello de Baiona coa convocatoria

Enlace á páxina de Deportes Baiona en Facebook (actualizada a 11 dec)

39 Memorial Belarmino Alonso 2017

18 Novembro, 2017 Posted by javier

O 26 de novembro celébrase o 39 Memorial Belarmino Alonso no circuíto de San Andrés de Comesaña (Vigo).  As categorías Sub14 e inferiores servirán como Fase Zonal do programa Xogade. Toda a información deste evento pódese consultar na web do club ou directamente nos enlaces seguintes: do Memorial,  o cartel e tríptico informativo. As inscricións poderán efectuarse ata o xoves 23 de novembro ás 22h mediante correo electrónico a comesana@comesana.org ou na web laptime.es.

Horarios das probas

  • 10:15 Sub20 (1999-2000) e Sub18 (2001-2) masculina
  • 10:40 Sub20 (1999-2000) e Sub18 (2001-2) feminina
  • 11:00 Sénior (<1996) e Sub-23 (1996-8) masculina
  • 11:45 Sénior (<1996) e Sub-23 (1996-8) feminina
  • 12:15 Sub16 (2003-4) masculina
  • 12:35 Sub16 (2003-4) feminina
  • 12:50 Sub14 (2005-6) masculina
  • 13:05 Sub14 (2005-6) feminina
  • 13:15 Sub12 (2007-8) masculina
  • 13:25 Sub12 (2007-8) feminina
  • 13:35 Sub10 (2009-10) masculina
  • 13:42 Sub10 (2009-10) feminina

VI Liga Galega de Inverno Categorías de Menores ABANCA 2017

18 Novembro, 2017 Posted by javier

Este sábado 18 de novembro tivo lugar a Fase Previa da VI Liga Galega de Inverno Categorías de Menores ABANCA, que se disputou simultáneamente en varias sedes (Pontevedra, Santiago e O Barco de Valdeorras). A información e resultados poden consultarse na páxina web da federación (atletismo.gal):