Archive for: 󈥰 Novembro, 2017’

Fotos Cross Atapuerca 2017

16 Novembro, 2017 Posted by javier

Despóis dunha carreira coma a de Atapuerca agradécense moitas cousas, como unha bebida enerxética, unha boa ducha e un merecido descanso. E co tempo tamén ter un recordo en forma de fotos ou vídeos… Nese aspecto non destaca a organización deste cros; algo tiñan que deixar para mellorar no futuro. Pero moitos colaboradores desinteresados contribúen a encher este baleiro, coma o impresionante traballo que fixo a fotógrafa burgalesa Lourdes García, do Club de Atletismo Capiscol. Velaí van os enlaces onde poderedes atopar centos de fotos organizadas por categorías e onde cremos que non quedóu ninguén sen retratar, desde os chupetines ata os grandes campións da absoluta. O noso agradecemento para ela (especialmente dos que non puidemos ir) e esperamos vela por aquí calquera día coa súa cámara…

LISTAXE DE ÁLBUMES

Brais sae un pouco agochado nesta foto, pero logo foi a por todas!

 

 

 

 

Daniel (esquerda) e Nanda (dereita) na Carreira Popular

  (máis…)