Archive for: ‘Novembro 2017’

Aviso importante

18 Novembro, 2017 Posted by javier

DESDE O CAMBIO DE HORA DE OUTONO OS ADESTRAMENTOS SON POLA NOITE, POR ISO QUEREMOS PEDIR QUE OS RAPACES/AS LEVEN ROUPA DE CORES CLARAS E TAMÉN ALGÚN ELEMENTO REFLECTANTE POLA SÚA PROPIA SEGURIDADE

Cea de Nadal 2017

18 Novembro, 2017 Posted by javier

Como ven sendo habitual nestas datas, a S.A. Val Miñor celebrará a tradicional Cea de Nadal o vindeiro 15 de decembro de 2017. Será de novo no Restaurante “La Cuesta de Claudia” (Estrada pola vía nº 142, en Nigrán).

Xa vos informaremos con máis detalle nos próximos días. Animádevos a vir!

 

Rifa de Nadal 2017

18 Novembro, 2017 Posted by javier

A Sociedade Atlética Val Miñor comenza estes días a venda de rifas que entrarán no sorteo dunha tablet, que será para o número que coincida coas 4 últimas cifras do primeiro premio do sorteo da Lotería de Nadal do 22 de decembro de 2017. O prezo das rifas é de 1 euro. Grazas a todos pola súa colaboración.

 

XIX Cross Escolar Val Miñor 2017

18 Novembro, 2017 Posted by javier

Este ano temos dobre cita co Cross Escolar do Val Miñor, a pasada edición foi o 21 de xaneiro e a XIX edición será o domingo 17 de decembro no circuíto de Ladeira (Baiona).  Os horarios, distancias e categorías son os seguintes:

PROGRAMA XOGADE – XUNTA DE GALICIA

  • HORARIO CATEGORÍA ANO DISTANCIA VOLTAS
  • 10.45 H. CADETE MASC. (03-02) 3.500 mts. 5 voltas grandes
  • 11.00 H. CADETE FEM. (03-02) 2.250 mts. 3 voltas grandes
  • 11.15 H. INFANTIL FEM. (05-04) 1.500 mts. 2 voltas grandes
  • 11.25 H. INFANTIL MASC. (05-04) 2.000 mts. 2 voltas grandes + 1 pequena
  • 11.35 H. ALEVIN MASC. (07-06) 1.500 mts. 2 voltas grandes
  • 11.45 H. ALEVIN FEM. (07-06) 1.500 mts. 2 voltas grandes
  • 11.55 H. BENXAMÍN MASC. (09-08) 750 mts. 1 volta grandes
  • 12.05 H. BENXAMÍN FEM. (09-08) 750 mts. 1 volta grandes

 

PROGRAMA DEPORTE ESCOLAR – CONCELLO DE BAIONA

  • 12.10 H. PREBENXAMIN MASC. (11-10) 400 mts. 1 volta pequena
  • 12.20 H. PREBENXAMIN FEM. (11-10) 400 mts. 1 volta pequena
  • 12.30 H. CHUPETES MASC. (13-12) 80 mts. 1 longo
  • 12.40 H. CHUPETES FEM. (13-12) 80 mts. 1 longo

 Ás 12:50 horas será a ENTREGA DE TROFEOS

 

39 Memorial Belarmino Alonso

18 Novembro, 2017 Posted by javier

O 26 de novembro celébrase o 39 Memorial Belarmino Alonso no circuíto de San Andrés de Comesaña (Vigo).  As categorías Sub14 e inferiores servirán como Fase Zonal do programa Xogade. Toda a información deste evento pódese consultar na web do club ou directamente nos enlaces seguintes: do Memorial,  o cartel e tríptico informativo. As inscricións poderán efectuarse ata o xoves 23 de novembro ás 22h mediante correo electrónico a comesana@comesana.org ou na web laptime.es.

Horarios das probas

  • 10:15 Sub20 (1999-2000) e Sub18 (2001-2) masculina
  • 10:40 Sub20 (1999-2000) e Sub18 (2001-2) feminina
  • 11:00 Sénior (<1996) e Sub-23 (1996-8) masculina
  • 11:45 Sénior (<1996) e Sub-23 (1996-8) feminina
  • 12:15 Sub16 (2003-4) masculina
  • 12:35 Sub16 (2003-4) feminina
  • 12:50 Sub14 (2005-6) masculina
  • 13:05 Sub14 (2005-6) feminina
  • 13:15 Sub12 (2007-8) masculina
  • 13:25 Sub12 (2007-8) feminina
  • 13:35 Sub10 (2009-10) masculina
  • 13:42 Sub10 (2009-10) feminina

VI Liga Galega de Inverno Categorías de Menores ABANCA 2017

18 Novembro, 2017 Posted by javier

Este sábado 18 de novembro tivo lugar a Fase Previa da VI Liga Galega de Inverno Categorías de Menores ABANCA, que se disputou simultáneamente en varias sedes (Pontevedra, Santiago e O Barco de Valdeorras). A información e resultados poden consultarse na páxina web da federación (atletismo.gal):

Fotos Cross Atapuerca 2017

16 Novembro, 2017 Posted by javier

Despóis dunha carreira coma a de Atapuerca agradécense moitas cousas, como unha bebida enerxética, unha boa ducha e un merecido descanso. E co tempo tamén ter un recordo en forma de fotos ou vídeos… Nese aspecto non destaca a organización deste cros; algo tiñan que deixar para mellorar no futuro. Pero moitos colaboradores desinteresados contribúen a encher este baleiro, coma o impresionante traballo que fixo a fotógrafa burgalesa Lourdes García, do Club de Atletismo Capiscol. Velaí van os enlaces onde poderedes atopar centos de fotos organizadas por categorías e onde cremos que non quedóu ninguén sen retratar, desde os chupetines ata os grandes campións da absoluta. O noso agradecemento para ela (especialmente dos que non puidemos ir) e esperamos vela por aquí calquera día coa súa cámara…

LISTAXE DE ÁLBUMES

Brais sae un pouco agochado nesta foto, pero logo foi a por todas!

 

 

 

 

Daniel (esquerda) e Nanda (dereita) na Carreira Popular

  (máis…)

Resultados Atapuerca 2017

10 Novembro, 2017 Posted by javier

ATAPUERCA: O DÍA DESPÓIS

Aquí iremos poñendo novas, enlaces a fotos, etc sobre esta edición do Cross. E para os que este ano non puidéstedes ir mirade nos vídeos cómo é o ambiente, porque estar alí é totalmente diferente a outras carreiras. Esforzádevos, adestrade, estudade, sacade boas notas e sede boas persoas, e o próximo ano estaredes alí desfrutando desa maravilla.

A Directiva da S.A. Val Miñor

      Video Cross Atapuerca Parte 1                          Vídeo Cross Atapuerca Parte 2

  

Getaneh Molla sorprende a los favoritos en Atapuerca (Marca, 13/11/2017)

Atapuerca, el milagro del Cross Español (artigo publicado en Marca o 11/11)

 

VÍDEO RESUMO DE TODAS AS CATEGORÍAS

Cross Atapuerca

Resumen de todas las categorías en el XIV Cross de AtapuercaPatrocina IbercajaOrganiza IDJ BurgosTurismo Burgos | Burgos Alimenta | ANOC | Real Federación Española de Atletismo | Decathlon Burgos

Posted by Cross de Atapuerca on Sonntag, 12. November 2017

ATAPUERCA: O RETORNO

… e por fin, ás 23:50h chegou o bus envolto na néboa do val. Agora a descansar e a pola seguinte competición… pero iso será outro día. Bravo campións!

 

 

 

RESULTADOS COMPLETOS (12/11/2017 ás 18:20h)

Nos enlaces seguintes podedes consultar as clasificacións de Atapuerca. Noraboa a tódolos participantes (sen esquecer aos acompañantes ) e boa viaxe de volta! Esperámosvos!

 

 

(10/11/2017, 16:45h) Esperamos poñer pronto os vosos logros deportivos, de momento só desexarvos… Boa Viaxe!

Máis Fotos Vigo+11 2017

7 Novembro, 2017 Posted by javier

Uns cantos enlaces máis e fotos enviados por Óscar (grazas polo traballo de busca, que leva o seu tempo):

VIGO+11 FOTOS PODIO

  
  

(máis…)

Vindeiras citas último trimestre 2017

7 Novembro, 2017 Posted by javier

CALENDARIO PARA OS ÚLTIMOS MESES DE 2017

  • Fin de semana do 12 de novembro: XIV Cross de Atapuerca. Para os que non vaian hai outra proba en Bueu e outra en Barcelos.
  • 18 de novembro liga federada infantil de mulleres en pista.
  • O 19 primeira proba invernal en pista (fundamentalmente velocistas) en Guimãraes (unha hora de coche) . O problema é que a pista cuberta de Braga está en obras (que rematan en marzo). 
  • 26 de novembro: Cross Belarmino Alonso.
  • 17 de decembro: XIX Cross Escolar Val Miñor en Ladeira (ollo!, a pasada edición foi en xaneiro deste ano).
  • 24 de decembro: Carreira do Pavo en Vigo (mesmo circuito que o Vigo+11 para menores). 
  • Xaneiro 2018: en Ourense, pista cuberta xuvenil e junior o 12 e absoluto o día antes.