Archive for: 󈥺 Outubro, 2017’

10ª CARREIRA POPULAR VIGO +11 “EL CORTE INGLÉS”

26 Outubro, 2017 Posted by javier

O domingo 5 de novembro celébrase a 10ª CARREIRA POPULAR VIGO +11 patrocinada por El Corte Inglés. O punto de saída e meta é na Rúa Concepción Arenal (esquina Luis Taboada). O prazo de inscrición remata o 2 de novembro ás 24h.

HORARIOS DETALLADOS:

CATEGORÍA-DISTANCIA-HORA
Sub8 2011-2012-2013 200 m (recta meta) 10:00
Sub10 2009-2010 1 km (1 volta c.) 10:15
Sub12 2007-2008 1 km (1 volta c.) 10:15
Sub14 2005-2006 2 km (2 voltas c.) 10:30
Sub16 2003-2004 3 km (3 voltas c.) 10:45
Sub18 2001-2002 3 km (3 voltas c.) 10:45
Categorías superiores (2000 e anos anteriores) 10,6 km 11:15

Enlace á páxina de Carreiras Galegas sobre a Vigo+11

A inscrición deberá facerse directamente na seguinte páxina, no caso dos menores deberán facela os pais:

Páxina de inscricións (Champion Chip Norte)

Regulamento da carreira: Vigo+11 2017 Regulamento

 

Os dorsais poderán recollerse o día 4 de novembro en El Corte Inglés (pranta 5) ou na liña de saída o mesmo día da carreira desde as 9h.