Archive for: ‘septiembre 2017’

VIII Milla Porriñesa Festas do Cristo 2017

29 septiembre, 2017 Posted by javier

O Concello de O Porriño e o Clube Atletismo Porriño  organizan a VIII Milla Porriñesa “Festas do Cristo” o venres 29 de setembro de 2017. No seguinte enlace pode consultarse a información da carreira:

VIII Milla Porriñesa

Ficha socios 2017

27 septiembre, 2017 Posted by javier

Axuntamos a nova ficha de socios para esta tempada 2017-18. Prestade atención ás novidades: importe da cota anual, domiciliación do pagamento, autorización para uso da imaxe de menores. IMPORTANTE: Pregamos entregar a ficha cuberta antes do 15 DE OUTUBRO para poder tramitar canto antes as licenzas dos atletas!!

FICHA-SOCIO-2017.doc      FICHA-SOCIO-2017.pdf

 

 

Convocatoria Asamblea 2017

27 septiembre, 2017 Posted by javier

O Presidente da Sociedade Atlética Val Miñor, D. José Ángel Gónzalez Rocha, en virtude das atribucións que lle confiren os Estatutos da mencionada Entidade Deportiva, convoca a tódolos socios de número da Sociedade Atlética Val Miñor, a Asamblea Xeral Ordinaria que se celebrará o vindeiro venres día 20 de Outubro de 2017, ás 20.00 h. en primeira convocatoria e ás 20.30h. en segunda e última convocatoria, no Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar para tratar a seguinte orde do día:

1. Saúdo do Presidente.

2. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.

3. Presentacion do presuposto tempada 2017/2018.

4. Presentación da memoria económica 2016/2017.

5. Aprobación, se procede, da memoria económica 2016/2017.

6. Captación novos socios.

7. Planificación viaxe a Atapuerca

8. Rogos e preguntas.

Dada a importancia dos puntos a tratar, esperamos contar coa presencia de todos vós.

Moitas grazas e un saúdo

A Xunta Directiva da Sociedade Atlética Val Miñor.

CONVOCATORIA ASAMBLEA 20_10_2017

 

Campus de atletismo en Muíños

20 septiembre, 2017 Posted by javier

Os días 8, 9 e 10 de setembro estivemos de campus no concello de Muíños (Ourense). Houbo un pouco de todo, adestramentos, festas de aniversario, discoteca e travesía en piragua a través do Encoro das Cunchas para desfrutar dun baño quente nas Termas Romanas de Bande.

Ah, na foto as caras aparecen borradas para lembrarlle a todos os socios que precisamos unha autorización para publicar as imaxes, especialmente as dos menores de idade! (Xa pasaremos o formulario para devolvelo asinado)

 

Vídeos Nigrán Area 2017

20 septiembre, 2017 Posted by javier

Ahí van uns cantos enlaces a vídeos do Nigrán Area deste ano:

Matto Grosso Pictures – VII Nigrán Area 2017 Parte 1

Matto Grosso Pictures – VII Nigrán Area 2017 Parte 2

Matto Grosso Pictures – VII Nigrán Area 2017 Parte 3

 

VII Nigrán Area 2017

20 septiembre, 2017 Posted by javier

O sábado 12 de agosto celebramos a VII Nigrán Area no circuíto de Praia América. A carreira foi un éxito con máis de 800 atletas de diferentes categorías, desde prebenxamíns a veteráns. Noraboa a tódolos participantes!

Podedes consultar os resultados na web de Carreiras Galegas.

Enlaces ás novas e fotos publicadas en diferentes medios:

Nigrán Area en valmiñortv

Nova publicada en Faro de Vigo

Galería de fotos en Faro de Vigo

Nova en Atlántico Diario

 

Reportaxe sobre Nigrán Area 2017 en atletismogalego.org

16 septiembre, 2017 Posted by javier

Axuntamos enlace ó Programa 298 da serie “Citius” producida pola Federación Galega de Atletismo (atletismogalego.org/citius) e emitida na TVG2 o 16 de setembro de 2017. Neste programa hai unha reportaxe sobre o VII Nigrán Area entre os minutos 7:23 e 9:52:

Programa Citius 298 16-09.2017