2ª Carreira solidaria “Vigo non é de plástico” 2020

26 Xaneiro, 2020 Posted by savalminor

O Colexio Calasancias de Vigo organiza o vindeiro domigo 2 de febreiro a segunda edición da Carreira Solidaria “Vigo non é de plástico”. Trátase dun evento non competitivo e non haberá cronometraxe. A inscrición pode realizarse na páxina web do colexio ata o 26 de xaneiro. Haberá dúas modalidades e distancias: 2km para maiores de 7 anos (saída da Porta do Sol as 10:30h) e 150m para menores de 7 anos con saída do Parque María Xosé Queizán ás 11:30h. Os asistentes poderán entregar leite e tapóns de plástico para reciclar, e no momento de recoller o dorsal poden adquirirse camisetas cuxo importe se destinará a causas solidarias. Os menores de idade deberán entregar unha autorización asinada que pode atoparse na mesma páxina. Máis información:

Comments are closed.