1ª Carreira Popular Concello de Gondomar 2019

17 Marzo, 2019 Posted by savalminor

O sábado 27 de abril a Sociedade Atlética Val Miñor coa colaboración e patrocinio do Concello de Gondomar organiza a 1ª Edición da Carreira Popular Concello de Gondomar. As probas comezarán ás 18:30h. Haberá competicións para todas as categorías, desde pitufos ata seniors. Non é necesario estar federados para inscribirse. O período de inscrición remata o 23 de abril ás 20h. A carreira absoluta ten un custo de 5 euros, nas restantes a inscrición é de balde. Os dorsais e chips entregaránse o día anterior á proba na  praza do Concello en horario de 18:00 a 21:00 h., e o mesmo día da proba, ata 30 minutos antes da celebración de cada carreira.
PREMIOS: Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina como masculina e medallas conmemorativas na categoría de pitufos. Haberá agasallos conmemorativos nas categorías prebenxamíns ata absoluta. Os trofeos non serán acumulativos.

PROBAS E HORARIOS

HORA   CATEGORÍA-ANOS        DISTANCIA CIRCUÍTOS
18:30  Sub 16 (2004-5)         2000 m     2B
18:45  Sub 14 (2006-7)         1600 m    1A+1B
19:00  Sub 12-fem (2008-9)     1000 m     1B
19:10  Sub 12-masc (2008-9)    1000 m     1B
19:20  Sub 10-fem (2010-11)     600 m     1A
19:30  Sub 10-masc (2010-11)    600 m     1A
19:40  Sub 8-fem (2012-3)       300 m     1C
19:50  Sub 8-masc (2012-3)      300 m     1C
20:00  Pitufos (2014-5)         100 m  SAIDA-META
20:30  Carreira absoluta (<2004) 5 km  URBANO+EXTERIOR
21:00  ENTREGA DE PREMIOS

 

PLANOS DOS CIRCUÍTOS

  • Circuíto B (1000m)

  • Circuíto A (600m)

  • Circuíto C (300m)

  • Circuíto Absoluta (recorrido completo 5km)

  • Circuíto Absoluta (detalle tramo urbano)

 

Comments are closed.