18º Cros Andrés Abanqueiro en Vigo 2018

12 Decembro, 2018 Posted by javier

Este domingo 16 de decembro celébrase en Vigo o 18º Cros Andrés Abanqueiro organizado pola Agrupación Viguesa de Atletismo (AVA). Nesta ocasión cambia de sede, pasando do parque de Castrelos a un novo circuíto deseñado na zona deportiva da Universidade de Vigo. Para categorías Sub16 e inferiores. Esta proba será a fase zonal de Vigo do programa Xogade de Deporte Escolar. Os atletas do club poderán acudir a esta proba no canto do Cros do Val Miñor, que cambia ó 13 de xaneiro. Máis información:

(16 decembro) Este domingo o mal tempo non puido co Cros Abanqueiro que nesta ocasión trasladóuse á Cidade Universitaria. Os nosos atletas fixeron un bo papel mália as difíciles circunstancias, con Gabriela Bouzada e Bisrat Mein no podio sen esquecer ó resto de participantes. Parabéns para eles!

FOTOS

  

Comments are closed.