10ª Nigrán Area 2021

1 Agosto, 2021 Posted by savalminor

A Sociedade Atlética Val Miñor e a Concellería de Deportes do Concello de Nigrán organizan o sábado 7 de agosto de 2021 a 10ª Edición da Carreira Nigrán Area que dará comezo as 10:00h. Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas.
O control da carreira estará a cargo dos Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
HORARIOS E CATEGORÍAS:
  • 10:00 Absoluta 2005 e ant. 6000m
  • 11:00 Sub16 2006-7 2000m
  • 11:15 Sub14 2008-9 1500m
  • 11:30 Sub12 2010-11 1000m
  • 11:40 Sub10 2012-13 500m
  • 11:50 Sub8 2014-15 300m
  • 12:00 Pitufos 2016-17 100m
  • Entrega de premios: ao remate de cada proba
Na carreira absoluta haberá as seguintes categorías:
  • Sub18 (2004-5)
  • Sub20 (2002-2003)
  • Sub23-Senior (2001 ata 34 anos)
  • Máster A (35 a 44 anos)
  • Máster B (45 a 54 anos)
  • Máster C de (55 anos e maiores)
 
LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO:
  • Os circuítos discorrerán entre o Peirao de Panxón e Praia América, son circuitos chans sobre a area mollada da praia, coa marea baixa.
  • O formato empregado na proba será o de contrarreloxo con saídas escalonadas cada 20” de 10 en 10 corredores (este formato poderá variarse se os protocolos ou as condicións o permiten) tratando en todo momento de evitar contactos próximos ou posibles aglomeracións.
  • Deberá gardarse en todo momento a distancia mínima de 1,5 m de separación tanto na saída da proba coma no transcurso da mesma, malia producirse calquera adiantamento entre corredores durante a proba. Non respectar esta distancia pode ser causa de descualificación do atleta que infrinxa a devandita norma.
 
INSCRICIÓNS: Na páxina da Federación Galega de Atletismo (Carreiras Galegas). O prazo remata o 3 de agosto ás 23:59 horas. A organización será rigorosa co período de peche das inscricións.
  • INSCRICIONS CARREIRA ABSOLUTA
    Terán un custo de 8. Farase acedendo a páxina web da Federación Galega de Atletismo (Carreiras Galegas), onde será obrigatorio facer o ingreso con tarxeta na pasarela de pago e cubrir os datos solicitados no formulario. No caso de cancelación da proba farase a devolución da cota na mesma forma de pago.
  • INSCRICIONS CATEGORÍAS MENORES
    Nas categorías menores a inscrición é gratuita. Farase a través da páxina web da Federación Galega de Atletismo (Carreiras Galegas) e cumprimentando os campos indicados a través do formulario de inscrición.
 
RETIRADA DE DORSAIS: Os dorsais serán entregados polo club organizador o día anterior á proba no Pavillón de Deportes de Panxón en horario de 17:00 a 20:00 horas e o mesmo día da proba (ata 30 min. antes da celebración da carreira).
 
AVISO IMPORTANTE: Os participantes deben ler o Protocolo Covid19 e á hora de recoller o seu dorsal deben traer asinada a Declaración responsable. Sen esa declaración asinada, non se lle poderá facer entrega do dorsal.
 

PREMIOS: 

CATEGORÍA ABSOLUTA

  • Trofeo para as 3 primeiras mulleres e os 3 primeiros homes da carreira absoluta.
  • Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina como masculina
    SUB 18, SUB 20, SUB 23, SENIOR e MASTER A,B,C .
  • Trofeo para o primeiro clasificado do Concello de Nigrán na categoría absoluta feminina e masculina.
  • Os trofeos non serán acumulativos.
  • Haberá camiseta conmemorativa para os inscritos da carreira absoluta ata fin de existencias.
  • O peche do control na carreira absoluta, producirase o cabo de 50 minutos do comezo da proba.

CATEGORÍAS MENORES

  • Entregarase trofeo aos tres primeiros clasificados nas seguintes categorías menores tanto masculina como feminina: Sub10, Sub12, Sub14, Sub16, e medalla conmemorativa a todos os Sub8 e Pitufos ata fin de existencias.
  • Os premios individuais non serán acumulativos.
SERVIZOS:
Haberá servizo de avituallamento o fin da carreira. Ambulancia dispoñible durante o evento. Non haberá servizo de duchas nin gardarroupa. Entregaránse máscaras @s participantes. A proba conta con seguro de responsabilidade civil e accidentes.
 
PATROCINA: Concello de Nigrán
 
 
CIRCUÍTOS E PLANOS
  • Trazado xeral de circuítos e distancias:
  • Detalle circuítos menores:
  • Detalle circuíto Pitufos:
 

 

 

Comments are closed.