A Sociedad Atlética Val Miñor e mailo Concello de Gondomar, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Vigo), organizan o día 27 de Maio do 2012 o XII Memorial Manuel Barros de atletismo en ruta que dará comezo as 10:00h.
Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas, con excepción dos atletas estranxeiros federados no seu pais, excepto os portugueses que non foran internacionais co seu país nos derradeiros 5 anos.
O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo, Delegación en Vigo.
O circuíto discorrerá polas rúas de Gondomar para as categorías menores (ata cadetes inclusive), e polos arredores do concello para a carreira absoluta (10 Km).
INSCRICIONS.
Será obrigatorio: Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, dni ou pasaporte, sexo, nº de licenza federativa, teléfono de contacto e nome do clube no caso de non ser independente.
O prazo de inscrición remata o martes 22 de maio as 20 horas, a organización será rigorosa co período de peche das inscricións.
Na CARREIRA ABSOLUTA (de Xuvenís ata Veteráns), a inscrición farase na paxina web da Federación Galega de Atletismo
www.atletismogalego.org
Esta terá un custe de 5 € que deberá aboar nunha das seguintes contas do clube, pondo como referencia: Nome e apelidos do atleta.
La Caixa…..……..…..: 2100.5752.60.0200057217
Novagalicia Banco..: 2080.5035.03.3040010469
Nas CATEGORÍAS MENORES nunha destas tres opcións:
- Cubrindo o formulario
- Enviando un Email a savalminor@hotmail.com
- Enviando fax ó nº986 360305 asegurándose da recepción das inscricións.
As categorías menores NON levarán chip e non pagarán cuota.
fai click na imaxe para agrandala
HORARIOS CARREIRAS
| HORA | CATEGORIA | ANO |
DISTANCIA |
VOLTAS |
| 10:00 | Cadetes Femininos/Masculinos. | 97/98 |
3.000 m |
3 ó B |
| 10:20 | Infantís Femininos/Masculinos. | 99/00 |
2.000 m |
2 ó B |
| 10:35 | Alevíns Femininos/Masculinos. | 01/02 |
1.600 m |
1 ó A + 1 ó B |
| 11:00 | Carreira Absoluta | 95/anteriores |
10.000 m |
2 ó B + Circuíto exterior |
| 12:15 | Pitufos Femininos/Masculinos | 07/08 |
100 m |
De Saída A a Meta |
| 12:35 | Pre-benxamíns Femininos/Masculinos | 05/06 |
300 m |
De Saída B a Meta |
| 12:55 | Benxamíns Femininos/Masculinos | 03/04 |
600 m |
1 ó A |
| 13:15 |
ENTREGA DE PREMIOS |
|||
CATEGORÍAS CARREIRA ABSOLUTA
| Xuvenís 95/96 Femininos/Masculinos. | Veteráns B de 45 a 54 anos. |
| Júnior 93/94 Femininos/Masculinos | Veteráns C de 55 anos en adiante. |
| Promesa/Sénior 92 ata Veteráns.Fem./Masc. | Veteranas A de 35 a 44 anos. |
| Veteráns A de 35 a 44 anos. | Veteranas B de 45 anos en adiante. |
RECOLLIDA DORSAIS
Os dorsais serán entregados polo club organizador o día anterior a proba na Casa da Cultura de Gondomar no horario de 17:00 a 20:00 horas e o mesmo día da proba (ata 30 min. antes da celebración de cada carreira) debendo os atletas levar o dorsal visible e sen dobreces no peito, e respectar a publicidade impresa se a houbese durante toda a proba.
PENALIZACIÓNS
Serán, motivos de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: Non realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipulalo, falsificar os datos persoais.
PECHE CONTROL
O peche do control na carreira absoluta, producirase o cabo de 1 hora e 15 minutos do comezo da proba.
PREMIOS
Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina coma masculina e medalla conmemorativa do 4º ao 10º nas categorías de Pre-benxamín ata cadete e a todos os pitufos ate fin de existencias.
Premiarase ao 1º atleta masculino e feminino do Val Miñor na carreira absoluta.
Haberá recordo conmemorativo como mínimo para os 600 primeiros inscritos.
Premios en metálico da carreira absoluta:
|
HOMES |
MULLERES |
|
| 1º |
250,00€ |
250,00€ |
| 2º |
120,00€ |
120,00€ |
| 3º |
100,00€ |
100,00€ |
| 4º |
70,OO€ |
70,OO€ |
| 5º |
60,00€ |
60,00€ |
| 6º |
50,00€ |
50,00€ |
| 7º |
40,00€ |
40,00€ |
| 8º |
30,00€ |
30,00€ |
| 9º |
20,00€ |
20,00€ |
| 10º |
10,00€ |
10,00€ |
A organización poderá esixir a documentación de todos aqueles participantes que leven premio en metálico.
A organización declina toda responsabilidade respecto aos incidentes físicos ou psicolóxicos, inmediatos ou posteriores, que poidan acontecer aos participantes desta carreira.
Haberá un servizo de ambulancia dispoñible durante o evento.
Todos os participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente regulamento.
As reclamacións deberán facerse verbalmente ó xuíz árbitro, non mais tarde de 30 minutos despois da comunicación oficial dos resultados. Si son desestimadas por este poderase presentar reclamación por escrito e acompañada dun depósito de 60 € ó xurado de apelación.
O non previsto neste regulamento resolverase de acordo co manual da IAAF. ou RFEA en vigor.
Os gastos de desprazamento dos participantes correrán ao seu cargo.
Todos os atletas están cubertos cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes durante a carreira.
Haberá servizo de duchas no pavillón municipal de deportes de Gondomar.
ORGANIZACIÓN: SOCIEDAD ATLÉTICA VAL MIÑOR Y CONCELLO DE GONDOMAR–CONCELLARÍA DE DEPORTES
PATROCINIO: GRUPO MIÑOR Y CONCELLO DE GONDOMAR
COLABORADORES: ROSQUILLAS CRISTALEIRO, AGUASANA, COCA COLA, CORP. ALIMENT. PEÑASANTA S.A., FRUTAS VILAR, FROIZ, DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, FUNDACIÓN DEPORTE GALEGO, SECRETARIA XERAL PARA O DEPORTE, FEDERACION GALLEGA DE ATLETISMO, LA CAIXA.
O CENTRO DE AXUDA AO ENFERMO MENTAL AVELAIÑA DA GUARDA COLABORA CON ESTA ORGANIZACION PARA A PREPARACION DOS TROFEOS DESTA PROBA.















